O reestablecemento dos controis fronteirizos a pasada madrugada é unha das principais novidades da xornada tras a declaración do Estado de Alarma. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, mantiña a primeira hora unha reunión con corpos e forzas de seguridade do Estado, para coordinar as distintas accións.
Lembraba que se está a levar a cabo a desinfección de espazos comúns, edificios públicos e vehículos municipais.
Sobre o funcionamento do concello, dicía que dentro da excepcionalidade estase a traballar con normalidade con servizos mínimos ou teletraballo na tramitación dos distintos expedientes.