Vanesa Estévez, Nieves, Rosa Mª Velasco, Chelo, Mª Delia, a futbolista Sara Tui, a nosa colaboradora Natalia Lago, Pilar Vila e Ana Nogueira son as mulleres senlleiras escollidas polos CEIP Pazos de Reis, o CEIP de Guillarei, o CEIP Nº 1 e o CEIP de Randufe. No acto institucional, na praza do Concello en Tui para conmemorar o Día Internacional da Muller do 8M. Interviu a concelleira de Igualdade, Ana Mª Núñez e Emilia Rosende. O manifesto correu a cargo de Andrea González, directora do IKFEM