O itinerario formativo ‘Coas mans na masa 2020' promovido por Eu rural, a Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural, achegará a actividade “Elaboración artesanal de ungüentos naturais” a Tui, A Guarda e O Rosal en febreiro e marzo. Hoxe presentouse esta acción formativa da que falamos coa presidenta de Eu Rural e alcaldesa do Rosal, Sandra González. Tamén deu conta dos obxectivos para 2020, coma a presentación en FITUR do Xeodestino.