Numerosas incidencias son as que nos teñen deixado ao longo das últimas horas as cheas do ríos con cortes de estradas.
Aquí en Tui está cortado o acceso á Baixada ao Embarcadoira na Mariña debido á chea do río Miño.
Amais o Camiño de Barros que vai dende a rúa Loureiro até a N-550 na Virxe do Camiño está tamén cortado polo anegamento da estrada debido á chea do río Louro. Tamén debido ao crecemento do caudal do Louro cortouse ao tráfico a estrada na Veiga do Louro. Recoméndase extremar as precaucións en toda a beira dos ríos.