SOS Tomiño Baixo Miño vai realizar dende o próximo luns 18 de novembro e até o venres 29 deste mes unha campaña de recollida de leite e cacao en centros escolares.
Esta campaña, que realizan anualmente, ten por obxectivo recoller alimentos que logo repartirán entre as familias necesitadas da comarca ás que prestan atención. Contan coa colaboración dos colexios e institutos de Tui, Tomiño, O Rosal e Oia.