Anxo Baz, voceiro do BNG na Guarda, explicou hoxe en Noticias 13.30 h os motivos da rotura do pacto de goberno co PSOE na Guarda. Os concelleiros nacionalistas presentaban onte no concello a renuncia ás delegacións. As posturas distantes sobre a rúa Concepción Arenal, botaron por terra o pacto asinado en xuño.