Tras un investimento de máis de 300 mil euros por parte da Xunta de Galicia está xa operativa a rotonda construída en Guillarei na Po-404 e que da acceso á Veiga do Louro. Tratábase dunha vella demanda veciñal que mellora a seguridade viaria na zona.
O delegado territorial da Xunta. José Manuel Cores Tourís, visitou hoxe a zona onde se executou a rotonda, xunto co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Medio Rural, Rafael Estévez e concelleiros do PP, Ciudadanos e C21, e o deputado autonómico, Moisés Rodríguez.