Este domingo preto de 200 ciclistas van participar en Tui no Campionato de Galicia de Fondo en Estrada Máster. A inscrición pecha esta noite, pero hai xa 182 inscritos, estando o límite nos 200. Será unha cifra record nunha proba galega.
Esta mañá tivo lugar a presentación da proba que sairá ás 10.30 h dende o Paseo da Corredoira para realizar un percorrido de 80 quilómetros e pasar dúas veces polo coñecido coma “muro de Tui” na rúa Nova, a primeira no quilómetro 66.5 entorno ás 12 h e a segunda xa preto da liña meta sobre ás 12.30 h.