A Xunta vai investir 766 mil euros na mellora da seguridade vial na PO-552 en Tui e Tomiño. Unha das actuacións previstas é a construción dunha rotonda na intersección coa PO 350, en Areas. Hoxe visitaron a zona o alcalde, Enrique Cabaleiro, o delegado da Xunta, José Manuel Cores Tourís, o xefe territorial de Infraestruturas e Mobilidades, José Luís Díez, entre outros.