Esteban González Miranda é o candidato á alcaldía de Tomiño polo PP. A súa formación presenta unha lista renovada nun 80% na que se combina veteranía e persoas relacionadas co asociacionismo, persoas, dicía o candidato en #Noticias930h, con ganas de traballar e darlle cambio a Tomiño. Entre os proxectos que recollen no programa destacou seguir traballando no saneamento destinando cunha partida específica nos orzamentos, pelexar polo polígono industrial e por completar a comunicación da Vía de Altas Prestacións, a construción dunha e dun gran parque de ocio.