Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • Concurso de Ideas para a reordenación da fronte fluvial en Tui
    A beira do Miño dende a vella Ponte Internacional até os xardíns de Troncoso será obxecto dun concurso de ideas para a súa reordenación convocado polo Concello de Tui. Nuns días abrirase o prazo de presentación de proxectos. Establécese un premio de 18 mil euros e dous accésit. Así o contamos en #Noticias1330h
    3 min
  • Arquivadas na fiscalía dúas denuncias contra o alcalde de Tui
    A fiscalía arquivou as dúas denuncias presentadas a comezos de ano polo concelleiro Laureano Alonso contra o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, pola xestión de residuos na apertura da rúa Ourense e pola contratación dun asesor externo de urbanismo. Así o deu a coñecer o hoxe o alcalde en rolda de prensa, e así o contamos en #Noticias1330h
    3 min
  • 26M Ent. Celso Rodríguez Fariñas, nº1 Converxencia Galega A Guarda
    Celso Rodríguez Fariñas é o candidato á alcaldía por Converxencia Galega na Guarda. Encabeza unha lista, que segundo explicaba en Noticias 13.30h reune a persoas que participaron en distintos movementos asociativas, algunhas con experiencia política e outras novas. No seu programa recollen a creación dunha Oficina de Atención ao Cidadá e tamén a posibilidade de que membros do equipo de goberno poidan atender á cidadanía en horario de tarde.
    6 min
  • 26M Ent. Anxo Baz do BNG A Guarda
    O BNG da Guarda presenta nestas eleccións do 26M a Anxo Baz como candidato á alcaldía da Guarda. Encabeza unha lista compensada entre persoas novas e outras con experiencia política. No seu programa destacou hoxe en Noticias 9.30h o desenvolvemento de espazos públicos para as persoas, e a posta en valor do patrimonio, entre outras propostas.
    5 min
  • 26M Ent. Fani Iglesias de Ciudadanos
    Fani Iglesias é a candidata á alcaldía da Guarda por Ciudadanos. Segundo explicou hoxe en Noticias 9.30h presentan unha candidatura formada por un grupo de persoa que queren ao seu pobo. No seu programa propoñen unha xestión eficaz dos servizos municipais, a saída sur do Porto, ou retomar o PXOM, entre outras cuestións.
    6 min
  • 26M Ent. Ricardo Villa, Ciudadanos O Rosal
    Ricardo Villa é o candidato á alcaldía do Rosal por Ciudadanos. Encabeza unha lista forma por persoas que nunca antes estiveran en política, que están preocupados polo pobo polo que decidiron dar este paso. No seu programa destacou a necesidade da conexión do Rosal con Tui e O Porriño, ou do desenvolvemento do polígono industrial.
    7 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…