Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • O destino da pedra da apertura da rúa Ourense e a contratación dun asesor externo chega á fiscalía
    O destino da pedra das demolicións de inmobles para apertura da rúa Ourense e a contratación dun asesor externo de urbanismo no Concello de Tui chegou a fiscalía. O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, deberá comparecer o próximo 23 de maio por este tema coma investigado en Vigo. Así o daba a coñecer onte en rolda de prensa onde informou que solicitará comparecer antes desta data. Tamén avanzou que denunciar ao concelleiro Laureano Alonso - que levou estes temas á fiscalía - por denuncias falsas.
    O concelleiro Laureano Alonso explicou que el non presentou denuncia senón que puxo en coñecemento da fiscalía uns feitos por se fosen constitutivos de delito. Así o contamos hoxe en #Noticias1330h
    11 min
  • O Concello de Tui presentou esta mañá un novo folleto turístico titulado Tui Explora
    Na mañá de hoxe tivo lugar presentación do novo folleto Tui Explora, que recolle 31 plan para desfrutar dos 319 km de Tui. Recorre toda a cidade a través dun mapa vertical que vai dende o Monte Aloia até a beira do río Miño, e divide ás rutas en catro zonas: Centro urbano, A Macoca, a Casa Forestal e o Alto de San Xiao en tres modalidades, running, sendeirismo e ciclismo ademáis dunha en piragua entre ribeiras do río. Guti Martín Hermida, de Sherpa Project, empresa encargada do folleto, o explicaba esta mañá na presentación, xunto ao alcalde, Carlos Vázquez Padín.
    5 min
  • O Concello de Tui presentou denuncia por presunta estafa de 110.500 euros0
    A 110.569 € ascende o importe da cantidade presuntamente estafada ao Concello de Tui ao ser suplantada a identidade dunha das empresas que presta servizos ao concello.
    Onte o concello formalizou a denuncia ante a Policía Xudicial.
    Os feitos remóntanse a xuño do ano pasado, aínda que non foi até o pasado 24 de abril, cando se detectou a suposta estafa.
    2 min
  • Apertura zona cero de Paramos
    O próximo 23 de maio cumprirase un ano da explosión de material pirotécnico nun almacén ilegal no barrio da Torre en Paramos. Tras a retirada do entullo e de material perigoso como o amianto hoxe tivo lugar a reapertura da zona coa retirada dos valados que restrinxían o paso até o de agora. O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, compareceu hoxe na zona cero, onde explicou que das 21 solicitudes de licenza de obra maior 9 foron xa concedidas e 12 están en tramitación. Dende a Asociación de Afectados o seu presidente Salvador García foi crítico co xeito de facer esta apertura da zona.
    5 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…