BANTA, o Banco de Tapóns do Baixo Miño, doará 100 euros a cada un dos nenos aos que ten axudada ao longo das 12 campañas desenvolvidas até o de agora, grazas ao remanente obtido nos últimos meses polo gran apoio recibido. Así o explicou o presidente de BANTA, Carlos Balea.
As familias dos nenos aos o Banco de Tapóns axudou ao longo destas 12 campañas deben contar con BANTA no correo [email protected] ou no teléfono 647 45 28 91.