8.173.010,32€ é o importe do proxecto definitivo dos orzamentos xerais do Concello para 2018 que o goberno municipal, presidido por Carlos Vázquez Padín, levará a pleno para a súa aprobación o próximo xoves, 22 de febreiro.
O propio alcalde, Carlos Vázquez Padín, daba a coñecer esta mañá as contas municipais acompañados polos membros do seu goberno. Son uns orzamentos serios e realistas cos que queren crear as bases para unha organización máis eficiente no concello.Son expansivos e reponsables non pensado no curto prazo senón pensando na máxima responsabilidade do uso dos recursos públicos.