A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, anunciou esta mañá, tras unha reunión de traballo cos alcaldes do Baixo Miño,os avances previstos na VAP Tui-A Guarda, unha infraestruturas que cualificaba de esencial. O enlace entre a A55 e o polígono de Areas é unha actuación prioritaria e en breve aprobarase o decreto de Utilidade Pública para levar a cabo a expropiación de 66 parcelas, e no orzamento de 2018 figuran 2 millóns para as obras que serán licitas a inicios do próximo ano. Amais avanzou unha nova proposta para o treito II de Tomiño a Goián que vén de ser licitado a redacción do proxecto máis funcional e accesible, con menos afeccións e menor impacto, que contempla unha autovía urbana.
Na RMT buscamos a valoración do anuncio feito por Ethel Vázquez nos alcaldes do Baixo Miño.