A Guarda acollerá dende mañá ata o sábado a primeira Feira de Emprego e Formación “Imaxinactívate” cun amplo programa de obradoiros, no que as prazas están completas, charlas e mostras orientados ao emprendemento e á mellor empregabilidade das persoas con ideas de novos negocios ou en busca dunha nova filosofía de traballo.
O concelleiro de Formación e Emprego, Javier Crespo, explicaba cales son obxectivos desta iniciativa que fará fincapé no financiamento e no traballo colaborativo.