O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o presidente da Deputación, Luís López, asinaron onte un convenio para o financiamento, a través do Plan Extra, da segunda fase do Paseo da Corredoira, dende a rúa Agusto González Besada até o cruzamento coa rúa Maristas.
Así o explicaba o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro. O investimento previsto é de 736 mil euros, dos que o 75% serán financiados pola Deputación, e o 25% polo concello, que incluirá nos fondos do Plan + Provincia de 2027 tamén da Deputación.
Por outra parte o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, avanzou que veñen de recibir no concello a notificación da inadmisión do recurso contencioso-administrativo presentado polo PP contra a ordenanza municipal de control da zona azul mediante cámara de lectura de matrículas.