A concelleira de Cultura, Ensino e Mocidade do Concello de Tui, Sonsoles Vicente, referiuse hoxe á situación do CEIP de Pazos de Reis, amosando o seu apoio ás reivindicacións da ANPA de prazos concretos para unha reforma integral por parte da Consellería de Educación.
Detallou os trámites realizados nos últimos anos, nos que primeiro se barallou a construción dun novo centro na Finca Lagarteira e logo na Macoca, e coma finalmente a Consellería de Educación optou por unha reforma integral do actual centro que ten máis de 60 anos.