O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, reunirase a próxima semana cos veciños de Riomuíños para exporlles distintas alternativas ao actual sentido único na rúa Bispo Salvado. Sobre tema preguntaron todos os grupos da oposición, pero tamén interpelaron ao alcalde os propios veciños presentes no salón de sesións na quenda final de rogos e preguntas do público.
O Camiño Portugués estivo tamén presente no debate plenario .
En canto aos temas que ían na orde do día todos os grupos estiveron de acordo na proposta de solicitar ao Ministerio de Facenda autorización para a reposición de catro prazas da Policía Local ao cumprir cos requisitos esixidos pola Lei de Orzamentos do Estado de 2016.
Por unanimidade tamén foi aprobada a acta do pleno de decembro, e a bonificación do 50% do ICIO á Entidade Menor de Pazos de Reis na obra de rehabilitación dun lavadoiro, a dous particulares por obras no conxunto histórico e a Dirección Xeral de Policía por obras na comisaria da rúa Párroco Rguez Vázquez.
A proposta do BNG reclamando a titularidade para Galicia da AP-9 logrou o apoio de BNG, PSOE, ALT, Son de Tui e C21. Non así do PP, CsT e APTUI que se abstiveron.Tamén se aprobou o uso conxunto ou por separado do escudo e da bandeira de Tui.