O vindeiro venres, 27 de xaneiro, ás 19h, o Teatro Municipal de Tui acollerá o acto de homenaxe ao premio Nobel Camilo José Cela co gallo de celebrar o centenario do nacemento do escritor, fortemente vinculado a Tui. Esta mañá presentouse na Casa do Concello o acto “Cela en Tui” no que participou a concelleira de Cultura, María José González, o sobriño do escritor, Julio Perez Cela, e o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro.
O acto do vindeiro venres constará da proxección de parte do documental “El recuerdo más cercano”, que dirixido Carlos Agustin e Belén Tánago narra a vida de Cela na voz dos seus familiares e amigos máis próximos. A continuación, abrirase un coloquio no que participará o seu fillo Camilo José Cela Conde, o seu irmá Jorge Cela Trulock e o seu sobriño Julio Pérez Cela.