800 pezas audiovisuais presentaronse este ano a convocatoria de Play-Doc o festival Internacional de Documentais de Tui que se celebrará do 22 ao 26 de marzo. Son 800 filmes que foron estreados a partir de xaneiro de 2016 e que destacan, segundo o director do festival, Ángel Sánchez, pola súa diversidade. Agora, para o equipo do Play-Doc toca comezar o traballo de selección.
Ademais desta selección para a sección de competición, Ángel Sánchez tamén destaca que este ano porán o foco nas actividades paralelas e diferentes obradoiros que permitan interactuar á cidade de Tui co festival.