Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • A humanización das tres estradas provinciais en Tui tratadas na reunión Concello/Deputación
    A humanización das tres estradas provinciais ao seu paso por Tui en Caldelas, Ribadelouro e Rebordáns, foi abordada onte ao mediodía no encontro entre o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o deputado provincial de Mobilidade, Uxío Benítez.
    No caso da estrada de Caldelas realizarase unha beiravía peonil ata o límite con Caldelas, coa colaboración de pasos elevados reductores de velocidade... nun proxecto que roldará o medio millón de euros.
    Na estradas provinciais ao seu paso por Ribadelouro e Rebordáns colocaranse bandas reductoras de velocidade, remataranse as beirarrúas e acometerase a colocación de sinalización vertical e pintado da horizontal para que as estradas queden en óptimas condicións.
    3 min
  • Novas actividades na aula da UNED de Tui
    Son varias as propostas formativas que oferta a Aula da Uned de Tui para as próximas semanas.
    Do 6 ao 8 de abril a Aula da UNED de Tui acollerá o curso “Historia da Arte a través do patrimonio da Eurocidade”.
    Por outra parte a oferta diferentes curso de idiomas de inglés, francés e portugués. Amais 2 de marzo iniciarase o curso Aprender a falar e defender unha idea en público., e por último o 24 de marzo comezará Dramaterapia: autocoidado e desenvolvemento a través de técnicas creativas e artísticas.
    Por outra parte ata o 8 de marzo está aberto o periodo de matrícula para o segundo cuadrimestre para os graos, másteres, mentres que para o acceso á universidade o prazo acaba hoxe mércores días 15.
    2 min
  • Adif paraliza a decisión de cesar a venda presencial de billetes en Guillarei
    Segundo puido saber a Radio Municipal de Tui, Adif e Renfe, paralizaron de xeito temporal a decisión de por fin á venda presencial de billetes na estación de Guillarei. A operadora ferroviaria había comunicado ao comité de empresa a decisión de deixar de prestar este servizo. Despois das críticas e protestas das últimas semanas, agora Adif e Renfe paralizan esta decisión á espera das negociacións que están tendo lugar en Madrid, cando nun primeiro momento a decisión ía ser toma sen esperas. Juan Sánchez é voceiro da sección ferroviaria do sindicato CGT.
    2 min
  • Rival sueco para as do Mecalia Atlético Guardés nos cuartos de final da Challenge Cup
    O Mecalia Atlético Guardés ten xa rival para os cuartos de final da Challenge Cup de balonmán. As da Guarda enfrontaranse ao sueco H 65 Höörs HK. Trátase dun equipo moi forte, case que dos máis duros dos posibles rivais. De feito, as suecas foron as gañadoras da competición no 2014. Así todo, recoñecendo a dureza, o presidente do Mecalia, José Manuel Silva, non da nada por perdido.
    O partido de ida xogarase en Höör, vila sueca duns 7000 habitantes, namentres que a volta terá lugar no pavillón da Sangriña. Será na primeira fin de semana de marzo.
    3 min
  • O Concello desbrozará e marcará a senda dende a vella ponte internacional para avaliar o grao de afección aos terreos
    O Concello de Tui vai realizar o desbroce do tramo afectado pola senda peonil do Miño dende a vella Ponte Internacional e o termo municipal de Tomiño, e marcará a extensión da mesma. Así o expuxeron o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o concelleiro de Medio Ambiente, José Martinez Tato, aos veciños que o domingo asistiron ao encontro convocado no Centro Cultural de Areas. Unha vez realizadas estas actuacións valorarase o grao de afección das propiedades. O alcalde de Tui valorou coma satisfactoria a reunión tanto pola asistencia coma pola resposta veciñal.
    2 min
  • Tui e Valença abordaron co director de Relacións Institucionais da Xunta dotar á Eurocidade de personalidade xurídica
    O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o presidente da Cámara de Valença, reuníronse onte en Santiago co director xeral de Relacións Institucionais e coa Unión Europea, Xesús Gamallo, para abordar distintos temas relacionados coa Eurocidade. O alcalde de Tui valorou positivamente o encontro sobre todo pola boa disposición que atoparon no director xeral.
    O principal tema que estivo sobre a mesa foi dotar de personalidade xurídica á Eurocidade, algo que está en estudo e que se levará ao próximo cumio ibérico.
    Neste encontro o director Xeral anunciou aos mandatarios da Eurocidade que avanza a tramitación do carné de eurocidadá que forma parte dun programa posto en marcha e que se financiará con fondos dos POPTEC.
    4 min
  • O Concello de Tui plantexa a reforma integral do Mercado de Abastos e do Centro Municipal de Piragüismo
    O Concello de Tui está a traballar na reforma integral de dous edificios municipais, trátase do Mercado de Abastos e do Centro Municipal de Piragüismo. Así o adiantou o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, á Radio Municipal de Tui, quen explicou que se trata dunha actuación ambiciosa que se realizará por fases.
    Por outra parte o Concello de Tui encargou tamén a outro estudo de arquitectura tudense a reforma integral do Centro Municipal de Piragüismo situado na rúa Olímpicos Tudenses.
    2 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…