Finalmente, e contra todo pronóstico, A Guarda contará con novos orzamentos por primeira vez dende 2015. As contas contaron co voto do partido do goberno, do PSOE, e co apoio da edil non adscrita, Fani Iglesias e do de Converxencia Galega, Celso Rodríguez. Este último mostrarase moi crítico pero finalmente e tras a asemblea celebrada onte a tarde votou a favor das contas.
Pola súa parte, o PP e o BNG votaron en contra. Trátase dunha aprobación fundamental que permitirá cambiar a xestión do concello segundo apuntaba a concelleira de Facenda, Montse Magallanes.