Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • O desbroce das incorporacións á A55 en Guillarei e outras actuacións forman parte dun programa de limpeza viaria en Tui
    O desbroce das incorporacións á A55 en Guillarei e outras actuacións forman parte dun programa de limpeza viaria do Concello de Tui. No mesmo operarios municipais atópanse traballando na limpeza de diferentes viarios nas parroquias tudenses. En concreto, os traballos de limpeza estanse a realizar nas cunetas e beiravías de diferentes rúas de titularidade municipal na parroquia de Pexegueiro.
    2 min
  • A estación de Guillarei deixará de prestar o servizo de venda presencial segundo planean Adif e Renfe
    A estación de tren de Guillarei deixará de prestar o servizo de venda presencial de billetes nas vindeiras semanas. Así llelo comunicou Adif ao comité de empresa dentro do proceso de cambio do canle de venda de billetes de Adif a Renfe, segundo apunta o sindicato CGT.
    Até o de agora, o servizo de venda de billetes de Renfe levábase a cabo por persoa de Adif. Porén, Renfe Viaxeiros pasará a facerse cargo da canle comercial, aínda que non en tódalas estacións. Guillarei, Ribadavia, O Barco, A Rúa, Carballiño e Sarria non entran dentro dos plans da operadora e quedarán sen persoal comercial que atenda as dúbidas dos viaxeiros e venda os billetes. Juán Sánchez é o responsable de comunicación do sector ferroviario en Galicia do sindicato CGT.
    5 min
  • PP, Cst e APTUI non aceptarían ter que dimitir os seus voceiros para formar un goberno alternativo con C21
    Os voceiros do PP de Tui, Antonio Fernández Rocha, de Ciudadanos Tudenses, Manuel González Váquez, e de Alternativa Popular de Tui, José Manuel Sousa, non se amosan dispostos a deixar os seus cargos coma concelleiros coma solicita C21, ao través do seu voceiro, Carlos Vázquez Padín, para formar un goberno alternativo entre os catro partidos. Así o explicaron en declaracións á Radio Municipal de Tui onde valoraron a proposta da formación liberal.
    5 min
  • Reacción dos grupos do goberno municipal á proposta de Carlos V.Padín de goberno alternativo
    Recollemos as reaccións do goberno municipal á proposta realizada por Carlos Vázquez Padín de C21 ao PP, CsT e APTUI dun goberno alternativo ao actual condicionado a cinco dimisións. Coinciden en sinalar que non é tempo de negociación, que o momento foi xa tras as eleccións municipais e en qeu seguen a traballar en proxectos para Tui. Escoitamos a Yolanda Rodríguez do Psoe, Miguel Capón de ALT, Carmen Núñez do BNG e Laureano Alonso de Son de Tui
    2 min
  • Noticias 13.30h - Martes, 24 de xaneiro de 2017
    - En referencia á proposta de Carlos Vázquez Padín de levar a cabo un goberno de centrodereita en Tui, escoitamos as valoracións de Yolanda Rodríguez (PSdeG-PSOE), Miguel A. Capón (Alternativa Tudense), Carmen Núñez (BNG) e Laureano Alonso (Son de Tui).
    - Este xoves celebrase pleno ordinario en Tui
    - O Concello de Tui contratará a 23 persoas ao abeiro do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra
    - Os usuarios de Tui de teleasistencia domiciliaria realizaron 420 chamadas en 2016
    - Unha chispa causa un incendio no asteleiro J. Castro
    - Máis de 100 bailaríns participarán no I Trofeo de Hip Hop de Tui
    - Dende hoxe pode visitarse "Reptigalia"
    - A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, reúnese co presidente do GDR-23 Mariña Betanzos para intercambiar opinións e ideas
    - Corte de auga, hoxe, no Porriño
    ...
    27 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…