O vello centro de saúde de Tui convertarse tras a súa rehabilitación integral no edificio xudicial de Tui. Así o anuncio o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, dando conta do investimento de 2,2 millóns de euros para execución dun proxecto que poderá ser realidade en 2018.
Salientou Alfonso Rueda, na súa visita a Tui, onde estivo acompañado polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o delegado territorial da Xunta, José Manuel Cores Tourís, así coma o presidente do TSXG e a xuíza decana de Tui, entre outros.
O actual edificio situada na rúa Camilo José Cela será obxecto dunha rehabilitación integral que permitirá reagrupar os tres xulgados nunha mesma ubicación.