Os orzamento do Concello de Oia para 2017 serán levados a pleno a finais do mes de decembro. Así o explicou a alcaldesa Cristina Correa, quen sinalou que aínda que a súa intención era poder levalos para a aprobación en novembro, non deu tempo a completar toda a documentación de informes precisos. Tamén están pendentes do importe do Plan Concellos da Deputación.
O importe do orzamento subirá lixeiramente con respecto ao de 2016, e roldará o 1.450.000 €. e no mesmo habilitarán unha partida para incluír o servizo do Plan Madruga no colexio Mestre Manuel García, dando resposta así a solicitude feita polos pais.
As principais partidas segundo a rexedora será destinas a obras de reparación, subministro de material, e mantemento das depuradoras, a penas haberá investimento que se canalizará a través de achegas doutras administracións.