Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • Noticias 13.30 h | Luns, 31 de marzo de 2025
    Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
    - A Eurocidade Tui-Valença acolle o próximo martes "As prazas de Europa" conmemorando o 40 aniversario da adhesión de España e Portugal á CEE
    - Play Doc dedica as súas retrospectivas aos cineastas norteamericanos Monte Hellman e a Elaine May
    - A Aula da UNED de Tui acollerá en maio o curso "A Catedral de Tui. Historia, Arte e Patrimonio"
    - Curso básico de móbil no Centro Sociocomunitario de Tui o martes 8 con dúas quendas
    - O Conservas Orbe Zendal Balonmán Porriño clasificado para a final da EHF European Cup
    32 min
  • Noticias 13.30 h | Venres, 28 de marzo de 2025
    Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h
    - O concelleiro do BNG Ernesto Cañedo Sainz tomou posesión no pleno de onte, tras o pasamento de José Martínez Tato
    - A Eurocidade Tui- Valença acollerá o próximo martes 8 de abril a 20ª edición da iniciativa “As prazas de Europa”
    - O espectáculo familiar “Asdomare” pecha este domingo a programación do 8M en Tui
    - Citas da fin de semana
    - Información deportiva
    32 min
  • Noticias 13.30 h | Xoves, 27 de marzo de 2025
    Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h
    - Hoxe ás 20 h a corporación municipal de Tui celebra pleno ordinario que será retransmitido na nosa sintonía
    - O PP de Tui cualifica as obras que se están a executar na Corredoira de “innecesarias”
    - A vacante dun terceiro conxerxe no IES San Paio de Tui chegou onte ao Parlamento de Galicia
    - Concentración hoxe no IES San Paio reclamando ascensor e conserxe
    - Carmen Blanco presenta esta tarde en Tui a súa primeira novela da que algúns capítulos transcorren en Tui
    - ...
    30 min
  • Noticias 13.30 h | Mércores, 26 de marzo de 2025
    Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h
    - Ponte nas Ondas celebra o seu 30 aniversario cun programa especial dende a antiga alfándega de Valença, ao que nos sumamos dende a RMT
    - Os e as mandatarias do Baixo Miño solicitan o desdobramento do Servizo de Atención Temperá ante a demanda existente por parte das familias
    - O equipo de goberno de Tui reúnese hoxe ás 20.30 h, na Casa Cultural de Ribadelouro coa veciñanza
    - Mañá preséntase en Tui o libro “Gorriones y halcones” de Carmen Blanco Sanjurjo
    - A Eurocidade Tui-Valença acollerá o Raid TT 4x4 este sábado 29 de marzo
    - ...
    29 min
  • Noticias 13.30 h | Martes, 25 de marzo de 2025
    Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h
    - Hoxe cúmprense 139 anos de unión da vella Ponte Internacional entre Tui e Valença
    - Continúan os labores de mantemento das farolas no centro urbano de Tui
    - A violinista tudense Raquel Areal Martínez, acturará o 1 de abril no Concerto Anual de Gala da Orquestra Sinfónica da Universidade Baptista de Hong Kong 2025
    - O tudense Alberto Carrera publicou o seu primeiro libro, "Borradores"
    - Citas do día
    - Información deportiva
    28 min
  • Noticias 13.30 h | Luns, 24 de marzo de 2025
    Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h
    - A corporación municipal de Tui celebrará este xoves, ás 20 h, pleno ordinario con 30 puntos na orde do día
    - O Concello de Tui renova as luminarias de acceso á cidade
    - O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou hoxe en Tui as empresas Ronáutica Qualty Marinas S.L. e Sinerxia beneficiarias dos Bonos Talento
    - A violinista tudense Raquel Areal Martínez, protagonista do Annual Gala Concert 2025 en Hong Kong
    - Información deportiva
    31 min
  • Noticias 13.30 h | Venres, 21 de marzo de 2025
    Estas son as principais novas que recollemos en #Noticias1330h
    - #Tui renova as luminarias de acceso á cidade
    - O ilustrador tudense Carlos Lago será o autor do cartel anunciador das festas de San Telmo 2025
    - Preto dunha trintena de mulleres participan esta fin de semana no mercado Elas Facedoras en Tui
    - Sao Pedro da Torre, en Valença, acolle até o domingo o Festival Gastronómico “Sabores da Lamprea do Río Miño”
    - Citas da fin de semana
    - Información deportiva
    33 min
  • Noticias 13.30 h | Xoves, 20 de marzo de 2025
    Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h
    - A borrasca Martinho deixa numerosas incidencias coma caídas de árbores e un incendio forestal en Ribadelouro
    - A Deputación aprobará mañá 180 mil € para o Concello de Tui para a reforma do pavillón da Macoca
    - Preto dunha trintena de mulleres participan este sábado no mercado Elas Facedoras
    - Hoxe Mª Xosé Porteiro presenta en Tui o seu libro “As benfaladas”.
    - A Plafatorma en Defensa da Sanidade Pública de Tui proxecta esta tarde “DEP. Destruíla é o plan”
    28 min
  • Ent. Rafael Estévez, concelleiro de Medio Rural e de Obras de Tui |Incidencias pola borrasca Martinho
    A chegada da borrasca Martinho provocou fortes rachas de vento esta madrugada que ocasionaron numerosas incidencias no termo municipal de Tui, como a caída de árbores nas estradas ou un incendio forestal en Ribadelouro. Esta mesma mañá un autobús escolar quedou atrapado entre dúas árbores caídas sen que se rexitrara ningún dano. Así nolo contaba o concelleiro de Medio Rural e de Obras de Tui, Rafael Estévez.
    4 min
  • Noticias 13.30 h | Mércores, 19 de marzo de 2025
    Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h
    - A creación do primeiro Observatorio de economía social de Galicia e o norte de Portugal, é unha das actuacións previstas no proxecto transfronteirizo ES-Factory
    - Reunión hoxe ás 20.30 h, na Casa Cultural de Paramos do equipo de goberno coa veciñanza desta parroquia
    - Xosé Carlos González Blanco, da Asociación Xerome Emiliani, gañador dun dos primeiros Premios Sociais impulsados pola Deputación
    - Doazón de sangue hoxe en Tomiño
    - ...
    30 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…