Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • Noticias 13.30 h | Martes, 18 de marzo de 2025
    Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h
    - A Garda Civil detivo a un veciño de Caldelas coma presunto autor dun deleinto de homicidio en grao de tentativa
    - O equipo de goberno de Tui reúnese hoxe coa veciñanza de Pazos de Reis
    - Marta Cendón pecha hoxe, cunha conferencia, as xornadas dedicadas a Manuel Lago
    - Balance positivo da asemblea celebrada onte por ACITUI
    - Até este domingo está aberta a inscrición na Ultreia 2025
    - ...
    31 min
  • Noticias 13.30 h | Luns, 17 de marzo de 2025
    Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h
    - A Asociación de Afectados de Paramos e Guillarei recorre a sentenza pola explosición no barrio da Torre
    - O AECT Rio Minho presentou na BTL o proxecto Visit_Rio_Minho_Plus
    - Hoxe ás 19 h mesa redonda sobre Manuel Lago no espazo sociocultural
    - Hoxe ás 20.30 h na Casa Cultural de Rebordáns reunión do equipo de goberno coa veciñanza
    - O Kaiak Tudense terceiro no Campionato de España de Inverno
    - ...
    34 min
  • Ent. Salvador García, presidente Asociación Afectados | Recurso sentenza
    A Asociación de Afectados de Paramos e Guillarei recorreu a sentenza pola explosición do barrio da Torre en Paramos hai case sete anos ao deixar fóra a sete persoas afectadas e non recoñecer as contías de indemnización doutras cinco.
    Dende a asociación amosan o seu malestar e indignación tal e coma explicaba o seu presidente, Salvador García.
    9 min
  • Noticias 13.30 h | Venres, 14 de marzo de 2025
    Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h
    - O equipo de goberno reúnese hoxe, ás 20.30 h na Casa Cultural de Areas, coa veciñanza desta parroquia
    - A Eurocidade Tui-Valença está presente na Bolsa de Turismo de Lisboa
    - “As desterradas”, ás 21 h desta noite no Teatro Municipal de Tui
    - A cineasta tudense Diana Gonçalves presenta hoxe en Santiago “Resonancias”
    - Citas da fin de semana
    - Información deportiva
    31 min
  • Ent. Ana Núñez, concelleira de Turismo de Tui | BTL de Lisboa
    O patrimonio, a natureza, a cultura, a gastronomía da Eurocidade Tui-Valença está a promocionarse até este domingo na BTL, Bolsa de Turismo de Lisboa. A concelleira de Turismo de Tui, Ana Núñez, explicou os obxectivos desta presenza da Eurocidade en Lisboa con stand propio, e fixo balance das dúas primeiras xornadas da feira.
    7 min
  • Noticias 13.30 h | Xoves, 13 de marzo de 2025
    Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h
    - O equipo de goberno reúnese hoxe, ás 20.30 h no local do Sindicato en Malvas, coa veciñanza desta parroquia
    - O delegado territorial da Xunta visitou hoxe as obras realizadas no Parque Empresarial de Areas
    - Diego Alfonsín presenta hoxe ás 19.30 h a súa nova novela Birken, na Sala Municipal de Exposicións
    - O Teatro Municipal acolle mañá a representación de “Desterradas”
    - ...
    28 min
  • Noticias 13.30 h | Mércores, 12 de marzo de 2025
    Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h
    - A Cámara de Comercio de Tui e as asociacións empresariais de Areas, As Gándaras e a A Granxa solicitan a a gratuidade da AP-9 no tramo Vigo-Tui
    - A Garda Civil detén a unha persoa e investiga a outras dezasete por un presunto delito de falsidade documental en remolques
    - Mañá comezan en Malvas as reunións do equipo de goberno de Tui nas parroquias
    - Xornada de Portas abertas na EDAR de Guillarei o sábado 22
    - Hoxe encontro con Ivonete da Silva dentro dos actos do 8M
    29 min
  • Noticias 13.30 h | Martes, 11 de marzo de 2025
    Estas son as prinicipais novas que recollemos en Noticias 13.30 h
    - Onte á noite ardeu un galpón en Randufe
    - Os arquitectos Jorge Enríquez e Adrián Pinaque finalistas dos premios COAG de Arquitectura 2025
    - O P.N. Monte Aloia presente en ArtMadrid a través das fotografías de Juan Adrio
    - Ideas Peregrinas lanza o seu modelo de negocio a través dunha franquía
    - “As Desterradas” chega ao Teatro Municipal de Tui
    - Hoxe o Cineclub Tui proxecta a web serie “Nomades”
    26 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…