Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • Noticias 13.30 h | Luns, 24 de febreiro de 2025
    Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h
    - O tudense Jesús González proclamouse esta fin de semana Campión do Mundo de Remoergómetro
    - Hoxe abriu o prazo de solicitude do programa “Coida o corpo”
    - O xoves 6 de marzo comeza en Tui un novo curso de Competencias Dixitais
    - Obradoiro de chapas sobre a figura de Rosalía esta tarde na Biblioteca Municipal
    - Coa conferencia “A viaxe infinita de Rosendo Salvado” comezan mañá ás IV Xornadas sobre este persoeiro tudense
    - Resultados deportivos da fin de semana
    - ...
    31 min
  • Noticias 13.30 h | Venres, 21 de febreiro de 2025
    Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h
    - O Concello de Tui pon en marcha o programa “Coida o corpo” en todas as parroquias. A inscrición comeza o luns
    - O 6 de marzo comeza en Tui un curso gratuíto de competencias dixitais
    - Andrea González no Top 100 de Mulleres Líderes e primeira presidenta de Xuventudes Musicas de España
    - Daniel Rodríguez, coa estrea de “Transeúnte” enche esta noite o Teatro Municipal de Tui
    - ACITUI celebra esta fin de semana San Solterín
    - Visitas guiadas, gastronomía, o Día de Rosalía entre as propostas para esta fin de semana
    - Deportes
    - ...
    35 min
  • Noticias 13.30 h | Xoves, 20 de febreiro de 2025
    Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h
    - O Concello de Tui fai balanzo positivo da evolución do desemprego no municipio que pasou do 30% en 2013 ao 12% en 2024 en Tui.
    - Unha viaxe pola tradición e a modernidade é a que propón Daniel Rodríguez en "Transeúnte", o espectáculo que estrea mañá no Teatro Municipal de Tui.
    - Tui contará cunha Jam Session o próximo venres, 28 de febreiro, no novo espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela.
    - Hoxe remata o prazo de inscrición na Festa do Lacón con Grelos que se celebra o domingo en Malvas.
    - Até o domingo prezo reducido na inscrición para a Eurocidade BTT.
    - ...
    24 min
  • Noticias 13.30 h | Mércores, 19 de febreiro de 2025
    Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h
    - Até o 6 de marzo pódense presentar ás ofertas á licitación para a rehabilitación do inmoble adquirido pola Xunta na rúa Bispo Castañón 20, que visitou hoxe a conselleira de Vivenda
    - O Consorcio do Louro informa nun corte no subministro de auga mañá xoves 20 de 9 a 12.30 h que afectará ás Bornetas, Cota de Gaio e Estrada
    - O martes 25 comezan as IV Xornadas Rosendo Salvado en Tui
    - Á venda ás derradeiras entradas para a estrea de Traseúnte de Daniel Rodríguez este venres no Teatro Municipal de Tui
    - ...
    31 min
  • Noticias 13.30 h | Martes, 18 de febreiro de 2025
    Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h
    - Hoxe completamos a rolda de conversas tras o pleno ordinario do pasado día 6 co alcalde, Enrique Cabaleiro
    - Tui celebra o Día de Rosalía con actividades infantís, música e o caldo de gloria.
    - A tudense Andrea González entre as Top 100 Mulleres Líderes en España 2025
    - Valença celebra hoxe a festividade de San Teotonio
    - Nas citas do día destacamos a proxección do cineclub Tui, a campaña San Solterín de ACITUI, e o paseo para ver a pesca da lamprea de Río Miño en Barco
    - O tudense Saúl Vaz Dacosta, de 15 anos, gañou a primeira proba puntuable para o campionato de Karting de Castela e León, na categoría X-30 Senior.
    - ...
    28 min
  • Noticias 13.30 h | Luns, 17 de febreiro de 2025
    Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h
    - Perspectivas turísticas positivas en Tui para este 2025 tras os bos datos de xaneiro na Oficina Municipal de Tui
    - Actividades infantís, poemas na rúa e degustación do caldo de Gloria en Tui para celebrar o Día de Rosalía
    - O cineclub Tui continúa mañá co ciclo dedicado a Agnès Varda
    - Poucas entrada xa dispoñible para “Transeúnte” de Daniel Rodríguez que chega este venres aos Teatro Municipal de Tui
    - Mañá Valença celebra a festividade de San Teotonio
    - Manuel Bugallo campión da Copa de Galicia de Resistencia de 3 horas de BTT
    - ...
    28 min
  • Noticias 13.30 h | Venres, 14 de febreiro de 2025
    Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h
    - A Eurocidade Tui-Valença celebra 13 anos de cooperación tranfronteiriza cun concerto mañá sábado
    - Hoxe proseguimos a rolda de conversas tras o pleno ordinario da pasada semana con Nico Montes, voceiro do Partido Popular.
    - O Comandante Naval reclama a o dragado dende Salvaterra até a desembocadura do Miño
    - Hoxe abriu o prazo de inscrición no Desfile Concurso de Entroido en Tui
    - A praza da Inmaculada convértese hoxe e mañá nun pequeno Mont Martre coa campaña “Tui, meu amor”
    - Ás 19 h o Teatro Municipal de Tui acolle o espectáculo para público familiar “Compaña” de Xampatito Pato
    - Perfecto Ramos presenta en Tui “Os Lobariñas Feixoo...”
    - Deportes
    33 min
  • Noticias 13.30 h | Xoves, 13 de febreiro de 2025
    Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h
    - Tui é un dos concellos onde a empresa REDE Aberta vai realizar o despregue da fibra en 652 unidades inmobiliarias.
    - Mañá abre o prazo de inscrición no Desfile Concurso de Entroido en Tui
    - A Banda de Música Popular de Tui, a Asociación Musical de San Pedro da Torre, Old Brigde Band e o Conservatorio Profesioanl de Música de Tui protagonizan este sábado o concerto conmemorativo do 13º aniversario da Eurocidade Tui-Valença
    - Perfecto Ramos presenta mañá en Tui “Os Lobariñas Feixoo. Luz e memoria nos Séculos escuros”
    - ...
    30 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…