Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • Noticias 13.30 h | Mércores, 12 de febreiro de 2025
    Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h
    - Tui forma parte da Rede Estatal de Centros de Capacitación Dixital. En 2024 un centenar de persoas formáronse en dixitalización aplicada.
    - Con Carmen Núñez do BNG seguimos a rolda de conversas tras o pleno ordinario da pasada semana
    - A praza da Inmaculada transformarase esta fin semana coa campaña “Tui, meu amor”
    - Play-Doc abriu a convocatoria para a súa 21ª edición que se celebrará do 7 ao 11 de maio
    - Este venres Xampatito Pato actuará con “Compaña” no Teatro Municipal de Tui
    - ...
    27 min
  • Ent. Ángel Sánchez, codirector de Play Doc
    Play Doc celebrará a súa vixésima primeira edición do 7 ao 11 de maio en Tui. O Festival vén de abrir a convocatoria, que pechará o vindeiro 7 de abril, dirixida a películas de todas as duracións e temáticas, tanto de ficción como de non ficción, de calquera nacionalidade, que desexen participan nesta cita internacional. Ángel Sánchez, codirector do festival, daba conta desta cita na nosa sintonía.
    4 min
  • Noticias 13.30 h | Martes, 11 de febreiro de 2025
    Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h
    -O alcalde de Tui reuniuse co director de Turismo de Galicia con motivo do 8º centenario da consagració da Catedral
    -Abrimos con José Palacín a rolda de conversas tras o pleno do pasado xoves en Tui
    -“Tui, meu amor” transformará esta fin de semana a praza da Inmaculada
    Play Doc abre a convocatoria para a súa 21ª edición que se celebrará do 7 ao 11 de maio
    - Cita co Cineclub Tui esta tarde no novo espazo da rúa Camilo José Cela
    - O remeiro tudense Jesús González prepárase para o Mundial de Remoergómetro
    - Hoxe é o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia
    29 min
  • Noticias 13.30 h | Luns, 10 de febreiro de 2025
    Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h
    - O conductor dunha moto tivo que ser evacuado o sábado en helicoptero tras un accidente en Ribadelouro, e por outra parte un coche e unha moto resultaron calcinados tras un incendio nunha garaxe en Randufe
    - A Eurocidade Tui-VAlença cumpre hoxe 13 anos. O sábado celebrará o seu aniversario cun concerto
    - A Cámara de Comercio de Tui homenaxeou ao expresidente Gumersindo Alonso
    - ACITUI celebra “San Solterín”
    - O Cineclub Tui realizará a partir de mañá as súas proxección no novo espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela
    - ...
    30 min
  • Noticias 13.30 h | Venres, 7 de febreiro de 2025
    Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h:
    - Aprobadas as modificacións das ordenanzas do ICIO e da instalación de postos... nas festas no pleno de onte, mentres que non saiu adiante a desestimación das alegacións á ordenanza do control da zona azul mediante tráfico
    - Abel Losada, comprometeuse a trasladar a información do impacto labaza no Miño, ao Servizo de Patrimonio Natural
    - Pescadores do Miño solicitan poder compensar os días que non puideron pescar debido a apertura de comportas da presa de Frieira
    - As citas da fin de semana e o deporte
    33 min
  • Noticias 13.30 h | Xoves, 6 de febreiro de 2025
    Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h
    - Ás 20 h a corporación municipal celebra pleno ordinario
    - O subdelegado do goberno, Abel Losada, coñeceu hoxe ‘in situ’ a problemática das especies exóticas e dos áridos no Miño
    - Monólogo con Federico Pérez mañá no Teatro Municipal de Tui
    - O Trail do Aloia abre este sábado o calendario deportivo da Eurocidade Tui-Valença
    - ...
    27 min
  • Noticias 13.30 h | Mércores, 5 de febreiro de 2025
    Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h:
    - Ordenanzas fiscais e un expediente de modificación de créditos, entre os asuntos a tratar mañá no pleno da corporación municipal de Tui
    - Trece eventos conforman o calendario deportivo da Eurocidade Tui-Valença presentado esta mañá
    - Novos cursos comezan a próxima semana na aula da UNED de Tui
    - O luns comeza a X Semana da Educación de Tomiño baixo o lema "Penso logo insisto: A educación é a solución
    ...
    29 min
  • Noticias 13.30 h | Martes, 4 de febreiro de 2025
    Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h
    - A corporación municipal de Tui celebra este xoves pleno ordinario
    - O paro subiu en 63 persoas no Baixo Miño o pasado mes de xaneiro até as 2.675 persoas inscritas nas Oficinas de Emprego.
    - Hoxe, 4 de febreiro, conmemórase o Día Mundial contra o Cancro
    - Monólogo de Federico Pérez este venres no Teatro Municipal de Tui
    - ...
    27 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…