Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • Noticias 13.30 h | Luns, 27 de xaneiro de 2025
    Estes son os principais titulares de hoxe:
    - Balance da presenza de Tui en FITUR
    - Árbores caídas, contedores movidos e o levantamento dunha chapa no tellado da E.I. Galiña Azul, entre as incidencias rexistradas en Tui pola borrasca Herminia
    - O Concello de Tui conmemorou hoxe acendendo seis candeas o Día Internacional en memoria das vítimas do holocausto
    - Hoxe celebrouse no P.N. Monte Aloia a tradicional romaría de San Xulián
    - Tui acolleu a entrega dos premios Gran de Area de Arquitectura
    -...
    30 min
  • Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui | Balance actividade en FITUR
    O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, fixo balance en Noticias 13.30 h, o venres 24 de xaneiro, da presenza de Tui en FITUR, onde mantiveron diversos encontros para a promoción da cidade e do 800 aniversario da Catedral. Destacou os encontro co CEO do grupo TUI, coa directora de Paradores, ou co presidente do Clúster de Turismo.
    6 min
  • Noticias 13.30 h | Venres, 24 de xaneiro de 2025
    Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h
    - Éxito en FITUR cun balance positivo por parte do alcalde, Enrique Cabaleiro
    - Campaña “Para lembrar” do Xeodestino Galicia Suroeste
    - O Espazo Sociocultural de Tui acollerá mañá a entrega dos premios de arquitectura Gran de Area 2024, ás 19:00 horas
    - Unha unidade de Doazón de Sangue está estes días en Tui
    - Citas da fin de semana
    - Encontros deportivos
    28 min
  • Noticias 13.30 h | Xoves, 23 de xaneiro de 2025
    Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h
    - Tui, presente en FITUR
    - A conselleira María Martínez e o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, visitaron as obras de acondicionamento que se están a executar nun treito da antiga N-551, en Tui
    - Seis espectáculos conforman a programación do primeiro trimestre no Teatro Municipal de Tui
    - Terceira edición de Ventura
    - ...
    29 min
  • Noticias 13.30 h | Mércores, 22 de xaneiro de 2025
    Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h
    - Tui recuperará o 1,2 millóns de euros investidos no desentullo de Paramos ao fallar a favor do Concello a Audiencia Nacional
    - Con Nico Montes do PP continuamos as conversas cos grupos políticos da corporación
    - A presenza de especies exóticas un dos problemas que sofre o Miño na actualidade
    - Seis espectáculos conforman a programación do primeiro trimestre no Teatro Municipal de Tui
    - Importante oferta de actividades na Aula da UNED para comezar o ano
    - ...
    27 min
  • Ent. Nico Montes, voceiro do PP | Rolda xaneiro 2025
    Hoxe con Nico Montes, voceiro do Partido Popular, continuamos a rolda de conversas dos grupos políticos da corporación municipal de Tui. Abordamos a modificación da ordenanza do lixo aprobada no pleno de decembro, o balance de 2024, os retos que no seu parecer debe asumir o concello este ano, xunto a outros temas de actualidade.
    18 min
  • Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui | Fallo do recurso do Concello contra o Ministerio de Interior por Paramos
    O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, amosou a súa satisfacción polo fallo da Audiencia Nacional a favor do Concello de Tui no recurso contencioso administrativo interposto contra o Ministerio do Interior reclamando a cantidade íntegra dos gastos do desentullo e desamiantado do barrio da Torre en Paramos, tras a explosión de maio de 2018. Así o Ministerio deberá aboar a cantidade total de 1,2 millóns de euros. As costas do xuízo son impostas á Administración do Estado. Contra o fallo cabe aínda recurso de casación.
    3 min
  • Noticias 13.30 h | Martes, 21 de xaneiro de 2025
    Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h
    - A Audiencia Nacional falla a favor do Concello de Tui e o Ministerio deberá aboar o 1,2 millóns de euros do desentullo de Paramos
    - Convocadas ás axudas da ARI dos Camiños de Santiago
    - O próximo luns celébrase a romaría de San Xulián no Monte Aloia
    - O cineclub Tui proxecta hoxe “En corpo e mente”
    - Tui acollerá o 1 de febreiro o Campionato Galego de Fondo de remo
    - ...
    24 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…