Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • Noticias 13.30 h | Venres, 10 de xaneiro de 2025
    Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h:
    - A veciñanza evacuada onte do edificio onde se rexistrou un incendio na garaxe puido volver hoxe as súas vivendas
    - A Xunta saca a licitación as obras de rehabilitación dun edificio na rúa Bispo Castañón para crear 3 vivendas para alugueiro social cun investimento de 1,3 millóns de €
    - Continúa a demanda dunha frecuencia de autobús do CUVI a Tui ás 15 h
    - As citas e o deporte
    30 min
  • Noticias 13.30 h | Xoves, 9 de xaneiro de 2025
    Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h:
    - A nova sede do Centro de Cooperación Policíal e Aduaneiro de Tui inaugurado hoxe exemplo para Europa segundo Marlaska
    - A Xunta saca a licitación o treito da AG-42 entre Areas e a PO-350
    - Editado un novo calendario solidario da Eurocidade Tui-Valença
    - Aberta a inscrición para a Ultreia 2025 que se celebrará o domingo 6 de abril
    29 min
  • Noticias 13.30 h | Mércores, 8 de xaneiro de 2025
    Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h:
    - Mañá inaugúrarase o novo Centro de Cooperación Policial e Aduaneiro de Tui
    - O alcalde de Tui solicita á Deputación a mellora da EP.2502 Cerquido-Ribadelouro
    - O Concello de Tui financiará co plan Extra da Deputación a mellora do acceso ao conxunto histórico dende a r/Coruña e as escaleiras da r/Foxo
    - Tres novos cursos comezan este mes de xaneiro na Aula da UNED de Tui
    23 min
  • Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui | Reunión Deputación, fondos estatais rehabilitación vivendas e inicio obras
    O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, reuniuse onte co presidente da Deputación de Pontevedra. A entrevista, que fóra solicitada polo rexedor tudense, tiña por obxectivo abordar a mellora da seguridade vial na EP 2502 Cerquido - Ribadelouro. Así o explicaba o rexedor tudense en Noticias 9.30 h. Tamén avanzou que o Concello solicitará a través do novo Plan Extra o financiamento para adecuar os accesos ao conxunto histórico dende a rúa Coruña e dende as escaleiras da rúa Foxo. Por outra parte referiuse ao financiamento con fondos estatais para a rehabilitación dun edificio na rúa Bispo Castañón para vivendas de alugueiro social, e o inicio de obras no centro urbano estes días.
    9 min
  • Noticias 13.30 h | Martes, 7 de xaneiro de 2025
    Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h
    - Destinaranse 150.000 € para a rehabilitación de tres vivendas destinadas a alugueiro social na rúa Bispo Castañón, en Tui
    - Accidente con dous feridos leves na A-55
    - Un kamikaze chocou con dous coches na A-55, en Tui, deixando tres feridos
    - Citas e días festivos deste 2025
    - Información deportiva
    30 min
  • Noticias 13.30 h | Venres, 3 de xaneiro de 2025
    En Noticias 13.30 h repasamos á chegada dos Reis Magos aos concellos da contorna. Suspéndese a Cabalgata Internacional da Eurocidade Tui-Valença, e a recepción real terá lugar no Teatro Municipal. Amais damos conta dos positivos datos de turismo en Tui en decembro, da mención honorífica especial entregada a Carlos Pérez Antón. As citas da fin de semana e o deporte completan este tempo de información.
    28 min
  • Noticias 13.30 h | Xoves, 2 de xaneiro de 2025
    Comezamos o 2025 coñecendo os proxectos que neste novo ano chegarán aos concellos da zona nas voces do alcalde de Tui, e das alcaldesas de Tomiño, O Rosal, Oia e Salceda. Amais damos conta da mención honorífica especial do Concello de Tui que hoxe recibirá Carlos Pérez Antón. As citas para estes días e as novas do deporte completan este tempo de información.
    28 min
  • Noticias 13.30 h | Luns, 30 de decembro de 2024
    Estas son parte das novas que recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Adolfo Besada recibe ás 20 h, no Teatro Municipal, a Mención Honorífica Especial do Concello de Tui
    - O próximo xoves Carlos Pérez Antón serán tamén recoñecido ás 18 h na casa do concello
    - Case 1.900 persoas participarán mañá na III San Silvestre Tudense. Recollida de dorsais dende ás 9h.
    - Tui da a benvida a 2025 coa orquestra Kubo no recinto Feiral
    Repasamos as citas de final de ano e o deporte
    28 min
  • Noticias 13.30 h | Venres, 27 de decembro de 2024
    Estas son parte das novas que recollemos en Noticias 13.30 h:
    - 2,2 millóns de euros do 2% Cultural serán para o o arquivo catedralicio e diocesano de Tui
    - Adolfo Besada recibirá o luns a Mención Honorífica Especial do Concello de Tui
    - O Concello de Oia contará en 2025 cun orzamento de 2,1 millóns de euros
    Repasamos todas as citas da fin de semana en Tui e na comarca
    27 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…