Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • Noticias 13.30 h | Xoves, 26 de decembro de 2024
    Estas son parte das novas que recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Aprobada en pleno a Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo de recollida e tratamento de residuos sólidos do Concello de Tui
    - Tomiño leva hoxe a pleno os orzamentos de 2025 por importe de 10,5 millóns de euros
    - Concerto de Nadal da Banda de Música Popular de Tui mañá venres e das corais tudenses o sábado no Teatro Municipal
    - A San Silvestre Solidaria acada xa as 1.200 persoas a tres días de pechar a inscrición
    24 min
  • Noticias 13.30 h | Luns, 23 de decembro de 2024
    Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h
    - Pleno extraordinario e urxente hoxe ás 19 h en Tui para resolver as alegacións e aprobar definitivamente a ordenanza fiscal do servizo de recollida do lixo
    - Ingresan en prisión ás catro persoas detidas o pasado xoves en Tui coma presuntos autores de roubos en vivendas nas provincias de Pontevedra e Ourense
    - Papá Noel, Mercado de Nadal e concerto coral nas citas destas xornadas en Tui
    Repasamos outras citas e os resultados deportivos
    25 min
  • Noticias 13.30 h | Venres, 20 de decembro de 2024
    Na fin de semana previa ao Nadal en Noticias 13.30 h recollemos as diversas iniciativas que teñen lugar esta fin de semana vinculadas ás festas, á solidariedade e tamén ao deporte. Así o recollemos no tempo de información deste venres, 20 de decembro, contando coas voces dos protagonistas. Tamén falamos do sorteo da Lotería de Nadal deste domingo.
    28 min
  • Noticias 13.30 h | Xoves, 19 de decembro de 2024
    Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h:
    - Visita ao Mercado de San Antonio da directora territorrial de Comercio e do alcalde de Tui
    - A San Silvestre Solidaria Tudense agarda bater récord de participación
    - A Garda Civil de Tui investiga a un veciño de Oia por un presunto delito de cultivo ou elaboración de droga
    - Hoxe ás 18.30 h derradeiro concerto, no Espazo da rúa Camilo José Cela, do alumnado do Conservatorio e da Escola de Música de Tui
    Recollemos amais otras citas e o deporte.
    27 min
  • Noticias 13.30 h | Mércores, 18 de decembro de 2024
    Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h:
    - Sometido a información pública o documento técnico e o estudo de impacto ambiental do proxecto de trazado do futuro tramo da autovía A-52 para conectar O Porriño e Vigo.
    - Hoxe, 18 de decembro, é o Día Internacional do Migrante
    - Repasamos as iniciativas solidarias do Nadal en Tui
    - Música e literatura esta tarde en Tui
    Recollemos amais otras citas e o deporte.
    25 min
  • Noticias 13.30 h | Martes, 17 de decembro de 2024
    Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h
    - O Concello de Tui reforza a aposta pola recollida selectiva coa adquisición de novos contedores que incrementarán en case 90 mil litros a capacidade de recollida
    - Máis de 9 mil quilos de alimentos sumáronse no Baixo Miño aos 325 mil da Gran Recollida de Alimentos
    - Hoxe comezan os concertos do alumnado do Conservatorio e da Escola de Música no novos espazo cultural da rúa Camilo José Cela
    Recollemos amais otras citas e o deporte.
    24 min
  • Noticias 13.30 h | Luns, 16 de decembro de 2024
    Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h:
    - O novo espazo socio cultural da rúa Camilo José Cela acollerá esta semana as primeiras actuacións tras ser inaugurado o pasado sábado
    - ORPAGU fai un balance positivo de 2024, ano no que triplicou o seu persoal e reforzou a distribución
    - As voces dos coros infantís dos centros educativos encheron hoxe o Teatro Municipal
    As citas da semana e o deporte completan este tempo de información.
    27 min
  • Noticias 13.30 h | Venres, 13 de decembro de 2024
    Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h:
    - Mañá inaugúrase o edificio municipal da rúa Camilo José Cela tras as obras de rehabilitación realizadas con fondos PIREP
    - Comezou a demolición parcial do edificio en ruinas situado no número 7 da rúa Colón
    - Galicia Suroeste da os primeiros pasos para crear un Club de produto turístico centrado nas potencialidades da comarca
    - A sorte volve sorrir a Tui cun premio da Bonoloto
    - Repasamos as citas de Nadal e deportivas da fin de semana
    29 min
  • Noticias 13.30 h | Xoves, 12 de decembro de 2024
    Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h:
    - Catro proxectos tudenses recibiron financiamento europeo a través da Medida Leader de Galicia Suroeste
    - O Rosal leva hoxe a pleno os orzamentos para 2025
    - A música protagoniza o Nadal en Tui coa actuación da Rondalla Santa Eulalia de Atios este domingo e o luns cos coros infantís dos centros educativos
    - Mañá celébrase o Torneo de Nadal de Bádminton
    29 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…