Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui | Convenio de colaboración coa Xunta
    O Consello da Xunta autorizou onte o convenio co concello de Tui para o desenvolvemento dun centro que xestionará a área Rexurbe. Este será un instrumento instrumento clave na recuperación do patrimonio tudense e tamén na dinamización económica e social, segundo explicaba na RMT o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro. O convenio debe ser agora aprobado tamén no Concello de Tui.
    6 min
  • Noticias 13.30 h | Luns, 2 de decembro de 2024
    Estes son os principais titulares que recollemos hoxe en Noticias 13.30 h:
    - O Parque Natural Monte Aloia, recibirá parte dos 3 millóns de € que a Xunta destinará en 2025 a espazos protexidos
    - Reclaman o arranxo das deficiencias que sofre o IES San Paio
    - A catedral celebra o seu 799 aniversario
    - Tui acendeu o seu Nadal
    - O deporte tudense celebrou o venres a súa festa
    27 min
  • Noticias 13.30 h | Venres, 29 de novembro de 2024
    Comezamos Noticias 13.30 h repasando os asuntos tratados onte pola corporación municipal de Tui en pleno. Facémonos eco da reclamación do IES San Paio para que se realice unha actuación urxente e integral que solucione deficiencias, que presenta o centro. O inicio do Nadal en Tui, as citas da fin de semana e a celebración hoxe da Gala do Deporte Tudense completan este tempo de información.
    30 min
  • Noticias 13.30 h | Xoves, 28 de novembro de 2024
    Hoxe ás 20 h a corporación municipal de Tui celebra pleno ordinario. Así o contamos en Noticias 13.30 h onde damos conta do inicio da programación de Nadal este sábado en Tui co acendido da iluminación de Nadal, a apertura do Taller Máxico de Papa Noel e do Mercado de Nadal. Recollemos as citas do día e as que chegarán na fin de semana, parte delas vinculadas tamén ao Nadal. No deporte damos conta da convocatoria das axudas a persoas deportistas, técnicas, adestradoras, xuízas e árbitras galegas de alto nivel.
    27 min
  • Noticias 13.30 h | Mércores, 27 de novembro de 2024
    Comezamos Noticias 13.30 h dando conta dos asuntos que a corporación municipal de Tui tratará mañá xoves en pleno ordinario. Amais damos conta do pleno infantil celebrado hoxe, da cita coa escritora Llerena Perozo desta tarde ás 19 h, dentro da programación do 25N e do deporte.
    28 min
  • Noticias 13.30 h | Martes, 26 de novembro de 2024
    Comezamos Noticias 13.30 h dando conta dos asuntos que a corporación municipal de Tui tratará este xoves en pleno ordinario. Amais recollemos o inicio das obras de desentullo do Teatro Principal, os actos do 25N, os premios Gran de Area, citas para esta xornada xunto ao deporte.
    25 min
  • Noticias 13.30 h | Luns, 25 de novembro de 2024
    O Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller centra hoxe o Noticias 13.30 h deste luns, 25 de Novembro. Recollemos o acto coa comunidade educativa que tivo lugar este mediodía no Teatro Municipal de Tui, e avanzamos o acto institucional previsto para ás 18 h diante da Casa do Concello de Tui. Repasamos tamén as actividades previstas nos concellos da contorna. Pechamos hoxe coa crónica de sucesos.
    23 min
  • Noticias 13.30 h | Venres, 22 de novembro de 2024
    Abrimos Noticias 13.30 h coa recepción que hoxe tivo lugar na casa do concello aos tres voluntarios de Protección Civil de Tui que estiveron nas zonas afectadas pola DINA, e coa experiencia da traballadora social tudense María Estévez, que estivo tamén na zona. Continuamos co especial 25N e recollemos todas as citas da fin de semana e o deporte.
    28 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…