Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está pre... more
FAQs about Informativos:How many episodes does Informativos have?The podcast currently has 3,621 episodes available.
August 27, 2024Noticias 13.30 h| Martes, 27 de agosto de 2024Abrimos Noticias 13.30 h coa solicitude do Concello de Tui para que o antigo cárcere de Tui, os xardíns da alameda, o cuartel do carabineiros, e o destacamento de Mariña sexan recoñecidos coma Lugares da Memoria Democrática. O paso da volta ciclista a España é outra das novas do día xunto as citas e o mundo do deporte con piragüismo, fútbol, e balonmán....more26minPlay
August 26, 2024Noticias 13.30 h | Luns, 26 de agosto de 2024O paso de La Vuelta mañá martes por Tui centra os primeiros minutos de Noticias 13.30 h. A andaina solidaria polo Furnia, o concerto peche do IKFEM, e o deporte cos resultados do Descenso do Miño, a participación nos Campionatos do Mundo en Uzbekistán e Montemor O Velho, e a presentación do Campionato de España de Radiocontrol Térmico, forman parte tamén deste tempo de información....more29minPlay
August 23, 2024Noticias 13.30 h | Venres., 23 de agosto de 2024O Concello de Tui convoca as axuda da Fase 15ª da ARI. Esta é unha das novas que recollemos en Noticias 13.30 h xunto á concesión de 160 mil € pola Deputación ao concello de Tui para o Concello de Tui para a reforma da contorna da praza de abastos, e C21 solicita o arranxo de desperfectos da beirarrúa en Martínez Padín. Todas as citas da fin de semana, parte delas deportivas, completan este tempo de información....more30minPlay
August 22, 2024Noticias 13.30 h | Xoves, 22 de agosto de 2024Abrimos Noticias 13.30 h co chamamento do Concello de Tui á realizar unha correcta xestión do lixo. Repasamos o éxito da visitas guiadas do ciclo Coñecemo o Noso Patrimonio. Amais avanzamos citas destacadas da fin de semana coma a Concentración Cabalar de San Bartolomeu. No deporte falamos dos dous bronces de Lara Feijoo no Campionato do Mundo Universitario de Piragüismo, de fútbol local e de balomán....more28minPlay
August 21, 2024Noticias 13.30 h | Mércores, 21 de agosto de 2024600 padeeiros e padeeiras participarán este sábado no 53º Descenso Internacional do Miño presentado hoxe. Así o contamos en Noticias 13.30 h onde damos conta do chamamento do concello de Tui para realizar unha correcta xestión do lixo. Outras novas de Tui e do Baixo Miño, as citas do día e o deporte, completan este tempo de información....more27minPlay
August 20, 2024Noticias 13.30 h | Martes, 20 de agosto de 2024Hoxe remata o ciclo "Coñece o noso patrimonio" cunha visita guiada polo historiador tudense Suso Vila. Está é unha das novas que recollemos en Noticias 13.30 h xunto ao avance das Xornadas Europeas da Cultura Xudía que terán lugar en setembro en Tui. As citas para estes días e a crónica deportiva completan este tempo de información....more26minPlay
August 19, 2024Noticias 13.30 h |Luns, 19 de agosto de 2024Abrimos Noticias 13.30 h dando conta de que o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, supervisou en Tui, xunto co alcalde, Enrique Cabaleiro, as obras de rehabilitación do edificio municipal na rúa Camilo José Cela. Por outra C21 apunta ao 2% cultural para completar o financiamento para rehabilitar o Teatro Principal. O balance da fin de semana e as citas que chegan esta semana, xunto ao deporte completan este tempo de información....more28minPlay
August 14, 2024Noticias 13.30 h | Mércores, 14 de agosto de 2024Estamos ante unha longa ponte festiva na que as festas da Virxe do Camiño e San Roque en Tui, o Descenso Popular e a Festa Gastronómica, a Semana Cultural de Caldelas co Rocha Folk e o Aloia Festa marcan a axenda en Tui. Así o recollemos en Noticias 13.30 h xunto a outras novas da comarca, e a información do deporte....more30minPlay
August 13, 2024Noticias 13.30 h | Martes, 13 de agosto de 2024A importante presenza de peregrinos e peregrinas neste mes de agosto en Tui, a recepción aos 3 nenos e a nena saharauí que pasan o verán en Tui onte no Concello son dúas das novas coas que abrimos Noticias 13.30 h . Recollemos tamén a actualidade da comarca, as citas e o deporte....more26minPlay
August 12, 2024Noticias 13.30 h | Luns, 12 de agosto de 2024Abrimos Noticias 13.30 h deste luns, 12 de agosto, coa nova ordenanza de Urbanismo do Concello de Tui e coas características do sistema de control de aparcamento mediante cámaras que se vai implantar no centro urbano. A licitación pola Xunta da rehabilitación do edificio do nº 20 da rúa Bispo Castañón para dedicalo a alugueiro social, e as citas do día xunto ao deporte completan este tempo de información....more24minPlay
FAQs about Informativos:How many episodes does Informativos have?The podcast currently has 3,621 episodes available.