O próximo martes terá lugar a tradicional procesión fluvial do Carmen, patroa da xente do mar e da Armada. Ás 19 h celebrarase a misa solemne na Catedral, logo comezará a procesión polas rúas de Tui até a Comandancia Naval, onde a imaxe embarcará no Cabo Fradera , para dar comezo ao percorrido fluvial.
Tamén nos falou da presenza dos tres barcos do grupo de combate Dédalo estes días en Vigo e da demostración anfibia que haberá ás 16 h na praia de Samil.