Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • Noticias 13.30 h | Mércores, 2 de outubro de 2024
    En Noticias 13.30 h recollemos o recoñecemento á Amigos dos Pazos por recuperar a peregrinación polo Camiño Portugués hai 40 anos. Escoitamos as palabras de Carmen Núñez do BNG sobre o pleno de setembro, e do xefe territorial de Educación, César Pérez, sobre o departamento de Portugués do IES San Paio. Detémonos da exposición Estampa Galega que podemos visitar en Tui, entre ouras novas do día.
    28 min
  • Noticias 13.30 h | Martes, 1 de outubro de 2024
    O Camiño de Santiago é protagonista dos primeiros minutos do Noticias 13.30 h deste martes 1 de outubro, pola conmemoración do 40 aniversario darecuperación das peregrinacións polos camiños portugueses, polas obras que a Xunta executará de mellora da seguridade vial nas vías xacobeas, e polos case 15 mil peregrinos e peregrinas que en setembro fixeron o Camiño Portugués. Falamos amais das axudas da ARI, do inicio do programa Cultiva a Mente e da exposición Estampa Galega, entre outros temas.
    26 min
  • Noticias 13.30 h | Luns, 30 de setembro de 2024
    Abrimos Noticias 13.30h deste luns 30 de setembro coa inauguración do Mercado de San Antonio de Tui o pasado sábado. Este venres con Teatro Paraíso comeza a programación de outono no Teatro Municipal de Tui que foi presentada o venres. Outras novas do día son que a Aula da UNED de Tui imparte xa este curso o grao en Turismo, e o risco de supresión do departamento de portugués no IES San Paio, xunto ás citas e o deporte.
    27 min
  • Noticias 13.30 h | Xoves, 26 de setembro de 2024
    Ás 20 h retransmitimos en directo o pleno ordinario da corporación municipal de Tui. En Noticias 13.30 h damos conta do grao en Turismo que este curso comezará a impartir a aula da UNED de Tui. O inicio do ciclo Mulleres, Patrimonios, Sociedade, ás 21.30 h no Teatro Municipal, e a representación teatral en Pazos de Reis forman parte das citas do día. No deporte falamos de piragüismo e hípica, entre outros.
    28 min
  • Noticias 13.30 h | Mércores, 25 de setembro de 2024
    Con 15 puntos na orde do día a corporación de Tui celebra mañá pleno ordinario. Así o contamos en Noticias 13.30 h onde recollemos que O Rosal e Tomiño e A Guarda contarán dende decembro cun obradoiros de emprego. Amais o 16 de novembro celebrarase a galega benéfica de @proteccionciviltui que foi presentada esta mañá. Outras citas para estes días e o deporte con remo, e karting completan este tempo de información.
    29 min
  • Noticias 13.30 h | Martes, 24 de setembro de 2024
    Os asuntos que este xoves tratará en pleno a corporación municipal de Tui abren hoxe o Noticias 13.30 h. Por outra parte damos conta do dato histórico do desemprego en Tui, o máis baixo da última década.
    Recollemos as obras de asfaltado no parque empresarial de Areas e de reconstrución dun muro na rúa Aloques. O curso Emprega IA para mulleres, citas comao ciclo de cinema do CCG e o escape room do setembro xudeu forman parte tamén deste tempo de información, xunto á crónica deportiva.
    22 min
  • Noticias 13.30 h | Luns, 23 de setembro de 2024
    Este xoves celebrarase na Audiencia Provincial en Pontevedra o xuízo pola explosión no barrio da Torre en Paramos. Con esta nova abrimos hoxe Noticias 13.30 h. Amais damos conta do proxecto de mellora da iluminación artística da Catedral de Tui dentro do PSTD do Xeodestino @riadevigobaixomino, e o ciclo de cinema que este xoves , venres e sábado haberá no Teatro Municipal de Tui da man do @consellocultura. En citas destacamos amais a festividade de San Trega na Guarda onde hoxe é festivo local.
    No deporte subcampionato do Mundo en Maratón para Óscar Graña do Kaiak Tudense e Jaime Duro en C2, e cuarto porto para Tania Fernández, tamén do Kaiak Tudense, xunto a Tania Álvarez no K2. E sexto posto no mundial de piragüismo para CPA Ribex.
    27 min
  • Noticias 13.30 h | Venres, 20 de setembro de 2024
    En Noticias 13.30 h deste venres, 20 de setembro, recollemos á visita ao Xeodestino e a Tui de distintas autoridades para coñecer in situ proxectos que se van executar. En é a iluminación artística da Catedral. Falamos amais do Día Mundial do Azhéimer, e todas as citas da fin de semana. No deporte damos conta da medalla de bronce de Iván Alonso no Campionato do Mundo de Maratón en K1 na distancia curta, e da participación do CPA Ribex no Mundial en Italia, entre outras novas.
    28 min
  • Noticias 13.30 h | Xoves, 19 de setembro de 2024
    En Noticias 13.30 h deste xoves, 19 de setembro, recollemos a presentación do estudo de mobilidade sustentable transfronteiriza da Eurocidade Tui-Valença, que recolle o proxecto piloto dun autobús eléctrico entre os centros urbanos. A celebración en Tui do 5º networking de Mercatus, o Concurso Nacional de Saltos que celebrará na cidade, xunto a outras novas, as citas e o deporte forman parte tamén deste tempo de información.
    29 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…