Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está pre... more
FAQs about Informativos:How many episodes does Informativos have?The podcast currently has 3,621 episodes available.
May 24, 2024Noticias 13.30 h | Venres, 24 de maio de 2024Abrimos Noticias 13.30 h en crónica de sucesos co accidente laboral rexistrado onte en Tui, a investigación dunha condutora por circular en sentido contrario na A55 e a detención de dous homes por un presunto delito de tentativa de roubo con violencia e intimidación en Tui. Amais recollemos o acto celebrado onte en Paramos ao cumprirse 6 anos da explosión no barrio da Torre, e as condecoracións impostas hoxe na Comandancia Naval. Por diante temos unha intensa fin de semana de actividades que repasamos xunto ao deporte....more30minPlay
May 23, 2024Noticias 13.30 h | Xoves, 23 de maio de 2023Hoxe cúmprense 6 anos da explosión no barrio da Torre en Paramos. A Asociación de Afectados convoca un acto ás 20.30 h na zona cero. Así o recollemos en Noticias 13.30 h. Tamén damos conta de que a Comandancia Naval do Miño acollerá mañá o acto de Lectura de Leis Penais e imposición de condecoracións. Este sábado celébrase en _Tui a XXV Feira do Libro Galego, esta é unha das múltiples citas previstas para estes días que tamén repasamos....more29minPlay
May 22, 2024Noticias 13.30 h | Mércores, 22 de maio de 2024En Noticias 13.30 h comezamos dando conta do corte da rúa Aloques en #Tui. e do inicio das obras de construción dunha ponte sobre o río Cotarel. Recollemos tamén outras novas de Tui e da comarca, xunto á crónica do deporte....more27minPlay
May 21, 2024Noticias 13.30 h | Martes, 21 de maio de 2024En Noticias 13.30 h deste mércores 21 de maio recollemos a crónica de sucesos, falamos do Reto Eureka que este domingo chega a Tui, tamén temos novas relacionadas coa música e nas citas destacamos a actuación de Paco Nogueiras esta tarde na Biblioteca tudense.....more26minPlay
May 20, 2024Noticias 13.30 h | Luns, 20 de maio de 2024Abrimos Noticias 13.30 h en crónica de sucesos dando conta do accidente rexistrado onte na AP 9 en Tui no que 7 persoas resultaron feridas. Amais recollemos a consulta pública previa a redacción dunha ordenanza reguladora das terrazas en Tui, e a creación dun cine club. No deporte destaca o nome propio de David Ferández que na fin de semana se proclamou Campión da Copa de España de Enduro BTT na categoría sub 23....more28minPlay
May 16, 2024Noticias 13.30 h | Xoves, 16 de maio de 2024Abrimos Noticias 13.30 h coa música coma protagonista porque Salvador Sobral e o pianista Marco Mezquida abrirán o Festival IKFEM o 17 de xullo, e a Agrupación Musical de Goián gañadora nos Premios Martín Codax. Amais repasamos a ampla axenda de citas para estes próximos días en Tui e na comarca, e coñecemos as competición deportivas da fin de semana....more29minPlay
May 15, 2024Noticias 13.30 h | Mércores, 15 de maio de 2024A licitación de 20 postos da praza de Abastos de Tui e o simulacro que tivo lugar dentro do MASERC hoxe no río Miño abren o Noticias 13.30 h deste mércores. Amais do 2º networkins organizado por Mercatus, e destacamos entre as citas o aprazamento da Feira do libro Galego e do roteiro de Ribadelouro. Lembramos que hoxe remata o prazo de inscrición para a andaina que organiza a Comisión de Festas da Virxe das Dores de Guillarei. No deporte falamos de balonmán, fútbol e atletismo....more27minPlay
May 14, 2024Noticias 13.30 h | Martes, 14 de maio de 2024Tui acolle mañá un exercicio conxunto-combinado de seguridade marítima, MARSEC-24, organizado pola Armada. En Noticias 13.30 h damos os detalles deste simulacro en augas do río Miño. Onte chegaba a Santiago a peregrinas 100 mil deste ano. O Camiño Portugués ao seu paso por Tui rexistra 21.350 persoas. As III Xornadas Educativas organizadas polas ANPA's de Tui, a conferencia sobre Luisa Villalta, e charla sobre o párkinson previstas esta tarde en Tui , son outras das novas que recollemos....more27minPlay
May 13, 2024Noticias 13.30 h | Luns, 13 de maio de 2024O Concello de Tui investirá case 390 mil euros na restauración do baluarte do Diaño no paseo Fluvial, dos que o 75% serán de fondos europeos. Así o contamos en #Noticias1330h onde damos conta tamén do acto conmemorativo do 180 aniversario da Garda Civil que tivo lugar este mediodía en Tui, xunto as citas do día e as novas do deporte onte destaca o campionato do Mundo en paracanoe de David González Mella do Kaiak Tudense....more26minPlay
May 10, 2024Noticias 13.30 h | Venres, 10 de maio de 2024O próximo luns haberá pleno extraordinario en Tui para o sorteo dos membros das mesas electorais das Eleccións Europeas do 9 de xuño. Así o contamos en Noticias 13.30 h onde repasamos a actualidade de Tui e da comarca, todas as citas da fin de semana e a información deportiva....more23minPlay
FAQs about Informativos:How many episodes does Informativos have?The podcast currently has 3,621 episodes available.