Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está pre... more
FAQs about Informativos:How many episodes does Informativos have?The podcast currently has 3,621 episodes available.
May 09, 2024Noticias 13.30 h | Xoves, 9 de maio de 2024Abrimos Noticias 13.30 h en crónica de sucesos co incendio dun turismo rexistrado onte á tarde no aparcamento municipal. Recollemos amais o comunicado de C21 sobre o pleno deste martes e a reiteración na solicitude de que o alcalde presente unha moción de confianza. Nas citas do día destacamos a charla sobre o último alcalde republicano de Tui hoxe ás 20.30 h no concello de Tui, a proxección de Scarlet no Cineclub Poleiro no auditorio de Goián, e do documental Destruír é o plan no Centro Cultural da Guarda. No deporte falamos da participación de David González Mella do Kaiak Tudense no Campionato do Mundo de Paracanoe....more27minPlay
May 08, 2024Noticias 13.30 h |Mércores, 8 de maio de 2024Abrimos Noticias 13.30 h co aprobado de onte en pleno sobre a rescisión do contrato para a construción dun aparcamento subterráneo en Tui. Outras novas son o I Encontro Ibérico de Axentes Forestais e de Protección Civil, o accidente dun coche onte á noite en Areas, onde foi precisa a intervención dos bombeiros para sacar á conductora do vehículo, a asemblea comarcal do PSOE celebrada o luns en Tui, xunto ás citas destes días e o deporte....more27minPlay
May 07, 2024Noticias 13.30 h |Martes, 7 de maio de 2024A resolución do Contrato de concesión de obra pública do aparcamento subterráneo será o tema que trate hoxe ás 20 h a corporación municipal de Tui en pleno. Así o contamos en Noticias 13.30 h onde damos conta do contacontos con maxia que chega ás 18 h á biblioteca municipal tudense con Leo Leoíño xunto a outras novas e citas de Tui e da comarca, e a información deportiva....more26minPlay
May 06, 2024Noticias 13.30 h | Luns, 6 de maio de 2024A corporación municipal de Tui celebra mañá pleno extraordinario urxente. Dende hoxe a praza de abastos está pechada por obras, escoitamos as palabras de Nico Montes do PP e Ana Núñez, concelleira de Comercio sobre este tema. Amais damos conta da baixada en 65 persoas do paro no Baixo Miño até as 2.693 persoas desempregadas. Contamos o palmarés de Play Doc 2024, entre outras novas e información do deporte....more25minPlay
May 03, 2024Noticias 13.30 h | Venres, 3 de maio de 2024Play Doc centra hoxe boa parte do Noticias 13.30 h. Damos conta amais da suspensión, debido á previsión de choiva, da demostración aeronaval que ía ter lugar esta tarde en Tui. Repasamos outras novas e as citas da fin de semana. No deporte destaca a Final a 4 cadete de balonmán que mañá e o domingo se xoga no pavillón Gustavo Rodríguez....more25minPlay
May 02, 2024Noticias 13.30 h | Xoves, 2 de maio de 2024A inauguración oficial de Play Doc, o festival internacional de cinema de Tui abre hoxe o Noticias 13.30 h. Damos conta amais de que 8 empresas se presentaron á licitación par ao arranxo dos viais no entorno da conexión co parque empresarial de Areas convocada pola Xunta. A formación sobre o alzheimer prevista esta tarde en Tui, xunto a outras novas locais e comarcais forman parte do informativo de hoxe....more26minPlay
April 30, 2024Noticias 13.30 h |Martes, 30 de abril de 2024Abrimos Noticias 13.30 h coñecendo os eixos do Plan de Sustentabilidade Turística en Destino do conxunto histórico de Tui, e dando conta do peche da actividade comercial da praza de abastos tudense durante 4 semanas por seguridade polas obras de reforma do edificio. A inauguración mañá de Play Doc, a demostración aeronaval que haberá este venres en Tui ou o contacontos para bebés esta tarde na biblioteca tudense, forman parte tamén da actualidade deste martes, xunto á crónica do deporte....more31minPlay
April 30, 2024Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - PSDT Conxunto Histórico e obras prazaO alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, detallou hoxe os eixos fundamentais do Plan de Sustentabilidade Turística en Destino do conxunto histórico de Tui que suporá un investimento de 2 millóns de euros até 2026. Onte o Consello da Xunta autorizaba o convenio de colalboración para a súa posta en marcha. Por outra parte o rexedor avanzou que a praza pechará durante 4 semanas, por seguridade, ante o inicio da segunda fase das obras de reforma do edificio....more9minPlay
April 29, 2024Noticias 13.30 h |Luns, 29 de abril de 2024Abrimos hoxe Noticias 13.30 h coa Final 4 Cadete de Balonmán que esta fin de semana se vai celebrar en Tui e que se converterá na gran festa do balonmán galego. Amais damos conta da xornada inaugural de Play Doc este mércores. Outras novas do día son as alegación que o PP anuncia que presentará en Tui á suba do IBI, os campamentos de verán, e o deporte onde destacaba o subcampionato de Europa en dobre scullo de Rodrigo Conde do Remo do Miño....more27minPlay
April 26, 2024Noticias 13.30 h | Venres, 26 de abril de 2024A programación de Tui en Letras e a apertura de prazo para os Campamentos de Verán son dúas da novas que recollemos en Noticias 13.30 h xunto a outras noticias de Tui e da comarca. Repasamos as propostas que chegan á fin de semana e o deporte....more28minPlay
FAQs about Informativos:How many episodes does Informativos have?The podcast currently has 3,621 episodes available.