Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • Noticias 13.30 h |Mércores, 24 de xullo de 2024
    O inicio das obras de acondicionamento das vías situadas na contorna do enlace da autovía Tui-A Guarda coa A-55 e o polígono de Areas, o festival Música no Claustro e todas as citas para os próximos días centran hoxe o Noticias 13.30 h.
    26 min
  • Noticias 13.30 h | Martes, 23 de xullo de 2024
    A presentación do Música no Claustro que vai celebrar a súa 18º edición baixo o título de "Catedral Atlántica" do 1 ao 7 de agosto abre hoxe Noticias 13.30 h.
    Amais damos conta da restauración de pezas da Catedral pola Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia. A citas para estes días e as palabras o padeeiro do Kaiak Tudense Matías Otero antes da súa participación nos Xogos Olímpicos de Paris forman parte tamén deste tempo de información.
    25 min
  • Noticias 13.30 h | Luns, 22 de xullo de 2024
    Abrimos Noticias 13.30 h co corte ao tráfico do cruce entre a Avenida de Portugal e a estrada da Guarda por obras de asfaltado. Amais recollemos a ordenación e toma de posesión do novo bispo da diocese de Tui-Vigo, D. Antonio Valín, así coma o éxito de público do IKFEM. A visita guiada aos petróglifos do Alto do Coello, xunto a outras citas do día, forman parte tamén parte deste tempo de información. No deporte recollemos a presentación do Campionato de España de Motonáutica que este sábado se celebra en Tui e as palabras do remeiro Rodrigo Conde e do padeeiro Manu Ochoa, que van participar nos Xogos Olímpicos de París.
    24 min
  • Noticias 13.30 h | Xoves, 18 de xullo de 2024
    O próximo luns e martes o coñecido coma cruce da Guarda en Tui estará pechado ao tráfico por labores de asfaltado. Xunto a este aviso o comezo do IKFEM Festival e os concertos previstos hoxe e mañá centran os primeiros minutos do Noticias 13.30 h de hoxe. Amais recollemos a presentación en Tui dunha cadeira anfibia, as protestas dos traballadores de Correos, as andainas e citas para este cita, e o deporte centrado hoxe no piragüismo.
    27 min
  • Noticias 13.30 h | Mércores, 17 de xullo de 2024
    En Noticias 13.30 h recollemos as palabras do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, sobre a rehabilitación do Teatro Prinicipal e a licitación da apertura da rúa Ourense. A toma de posesión do novo bispo este sábado na Catedral de Tui, o inicio do IKFEM Festival hoxe co concerto de Salvador Sobral e Marco Mezquida, e a presentación dunha cadeira anfibia polo Club Naútico Inclusivo do Baixo Miño, son oturas das novas do día.
    24 min
  • Noticias 13.30h | Martes, 16 de xullo de 2024
    Abrimos Noticias 13.30 h coas palabras do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro sobre os orzamentos e o aparcamento na cidade. Recollemos a contratación por parte da Xunta da rehabilitación dun edificio no conxunto histórico de Tui para a vivenda de alugueiro social. A apertura do Mercado de San Antonio en Tui, a festividade de Virxe do Carmen e outras citas e o deporte forman parte tamén deste tempo de información.
    29 min
  • Noticias 13.30 h |Luns, 15 de xullo de 2024
    Abrimos Noticias 13.30 h dando conta da reapertura mañá martes da praza de abastos de Tui cos postos de peixe, carne e flores. Amais falamos dos showcookings do @ikfem_festival , recollemos a programación festiva e de visitas guiadas para hoxe e mañá, xunto aos éxitos deportivos da fin de semana con protagonismo destacado para o piragüismo, o ciclismo, o remo, o atletismo...
    27 min
  • Noticias 13.30 h | Venres, 12 de xullo de 2024
    Comezamos en Noticias 13.30 h falando de infraestruturas para repasar despois todas as citas da fin de semana, dende o cinema desta noite no Paseo Fluvial de Tui, as festas, festivais, e citas diversas da fin de semana, e rematar coa información deportiva.
    24 min
  • Ent. Andrés Díaz-Ripoll, comandante Naval do Miño - Festividade da Virxe do Carme
    O próximo martes terá lugar a tradicional procesión fluvial do Carmen, patroa da xente do mar e da Armada. Ás 19 h celebrarase a misa solemne na Catedral, logo comezará a procesión polas rúas de Tui até a Comandancia Naval, onde a imaxe embarcará no Cabo Fradera , para dar comezo ao percorrido fluvial.
    Tamén nos falou da presenza dos tres barcos do grupo de combate Dédalo estes días en Vigo e da demostración anfibia que haberá ás 16 h na praia de Samil.
    7 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…