Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está pre... more
FAQs about Informativos:How many episodes does Informativos have?The podcast currently has 3,621 episodes available.
March 26, 2024Noticias 13.30 h | Martes, 26 de marzo de 2024O próximo luns haberá pleno en Tui con 20 puntos na orde do día nos que destacan a aprobación inicial ou modificación de ordenanzas así coma os de carácter económico. Con esta nova abrimos hoxe Noticias 13.30 h. No informativo de hoxe a música é protagonista polos concertos das festas de San Telmo, pero tamén falamos da Semana Santa, de moda e do deporte....more22minPlay
March 26, 2024Ent. Ana Carpintero - Árdora, a nova Colección de SomosOceanoÁrdora é o nome da nova colección de calcetíns da empresa tudense SomosOcéano. Inspirada na outra beira do Miño presenta deseños con cores sólidas e vibrantes, texturas e fíos metalizados. Falamos con Ana Carpintero desta nova colección que se suma ás dedicadas ao cinema con Pedro Almodovar ou Alex de la Iglesia, ao do Xabarín Club....more3minPlay
March 25, 2024Ent. Carolina Figueroa, adestradora CPA Ribex - Bronce no Campionato de EspañaO CPA Ribex fixo historia o pasada sábado ao lograr a medalla de bronce no Campionato de España de Grupos Show Grandes. É o primeiro club galego en subir ao podio nun nacional destas características. Este terceiro posto dalles paso directo ao Mundial que terá lugar en Italia en setembro....more4minPlay
March 25, 2024Ángel Sánchez, codirector -Play Doc - 20 anos e retrospectivaPlay Doc celebrará do 1 ao 5 de maio unha edición moi especial xa que cumpre 20 anos. Hoxe o festival anunciou a primeira das retrospectivas que estará dedicada a William Friedkin, director de French Conection ou O Exorcista. Contounolo Ángel Sánchez, codirector de Play-Doc....more3minPlay
March 25, 2024Noticias 13.30 h | Luns, 25 de marzo de 2024O Concello de Tui adxudicou a redacción da Ordenación dos Solos Urbanizables de Pazos de Reis. Con esta nova abrimos hoxe Noticias 13.30 h. As festas de San Telmo son protagonistas polo Premio Cidade de Tui á Asociación Amigos da Catedral e polos concertos do sábado de Fillas de Cassandra, Quinkillada e Dj Amarok. A retrospectiva de Play-Doc, e o bronce no nacional do CPA Ribex forman parte tamén do informativo de hoxe....more25minPlay
March 22, 2024Noticias 13.30 h | Venres, 22 de marzo de 2024Tradición e innovación danse a man na Festa do Meixón que mañá comeza en seis restaurante de Tui e que foi presentada este mediodía. Así o contamos en Noticias 13.30 h onde amais recollemos as palabras da enóloga tudense Susana Esteban Premio Cidade de Tui 2024, as citas e o deporte....more27minPlay
March 21, 2024Noticias 13.30 h | Xoves, 21 de marzo de 2024Mañá preséntase a Festa do Meixón, que será unha das citas gastronómicas das Festas de San Telmo. Así o recollemos en Noticias 13.30 h xunto as citas do día como o encontro coa escritora Inma López esta tarde en Tui, a carreira solidaria do CEIP de Guillarei, a presentación do poemario da tudense Paula Fernández Varela, ... e o deporte....more24minPlay
March 20, 2024Noticias 13.30 h | Mércores, 20 de marzo de 2024Restan dez días para o inicio das festas de San Telmo en Tui. En Noticias 13.30 h falamos do inicio do programa festivo o próximo día 30, da oferta musical e gastronómica. Amais buscamos outras citas para estes días coma a actividade do Espazo Xove, a Carreira Solidaria do CEIP de Guillarei ou a terceira xornada de Mulleres Migrantes na aula da UNED. Completamos coa información deportiva....more26minPlay
March 19, 2024O III Encontro de Viños da Raia reunirá a dez adegas o 30 e 31 de marzo en TuiUn total de dez adegas van participar o sábado 30 e o domingo 31 de marzo no III Encontro de Viños da Raia na praza da Inmaculada. O evento, que forma parte das festas de San Telmo, foi presentado este mediodía. Así o contamos en Noticias 13.30 h. Haberá viños brancos, tintos e espumosos pero tamén gastronomía....more8minPlay
March 19, 2024Noticias 13.30 h | Martes, 19 de marzo de 2024As festas de San Telmo protagonizan hoxe boa parte do Noticias 13.30 h. Recollemos as palabras do alcalde, Enrique Cabaleiro, e da concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, sobre os festexos. Amais a enóloga Susana Esteban e a Asociación Amigos da Catedral recibirán o Premio Cidade de Tui 2024. Este mediodía presentouse o III Encontro de Viños da Raia. Tamén hai outras novas e o deporte....more23minPlay
FAQs about Informativos:How many episodes does Informativos have?The podcast currently has 3,621 episodes available.