Coñecer as pegadas de diversos momentos históricos na configuración urbana de Tui será posible o luns na primeira visita de Coñece o Noso Patrimonio en Tui. Así o contamos en Noticias 13.30 h onde recollemos as palabras de Nico Montes, voceiro do PP, sobre o último pleno e as negociacións sobre os orzamentos. Amais recolle o Selo Vida Saudable 2024 do CEIP nº2, falamos de percorridos nocturnos, de festas en Areas e Baldráns, entre outras citas. Por último o concelleiro de Deportes confirmou a instalación dunha pantalla xigante na Corredoira para ver a final da Eurocopa.