Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está pre... more
FAQs about Informativos:How many episodes does Informativos have?The podcast currently has 3,621 episodes available.
July 11, 2024Noticias 13.30 h | Xoves, 11 de xullo de 2024Coñecer as pegadas de diversos momentos históricos na configuración urbana de Tui será posible o luns na primeira visita de Coñece o Noso Patrimonio en Tui. Así o contamos en Noticias 13.30 h onde recollemos as palabras de Nico Montes, voceiro do PP, sobre o último pleno e as negociacións sobre os orzamentos. Amais recolle o Selo Vida Saudable 2024 do CEIP nº2, falamos de percorridos nocturnos, de festas en Areas e Baldráns, entre outras citas. Por último o concelleiro de Deportes confirmou a instalación dunha pantalla xigante na Corredoira para ver a final da Eurocopa....more30minPlay
July 11, 2024Ent. Rafael Estévez, concelleiro de Deportes de Tui - Pantalla xigante para ver a final da EurocopaO Concello de Tui instalará este domingo unha pantalla de 3x6 metros de tecnoloxía led no Paseo da Corredoira para ver a final da #Eurocopa España-Inglaterra. Situarase nas inmediacións da Oficina de Turismo, onde se colocarán 200 cadeiras. Así o confirmaba en Noticias 13.30 h o concelleiro de #Deportes, Rafael Estévez....more2minPlay
July 10, 2024Noticias 13.30 h | Mércores, 10 de xullo de 2024Neste mércores, 10 de xullo, en Noticias 13.30 h recollemos as citas de lecer, rutas, festas, festivais,... que nos próximos días se van celebrar en Tui e na comarca....more26minPlay
July 09, 2024Noticias 13.30 h | Martes, 9 de xullo de 2024Abrimos Noticias 13.30 h dando conta dos controis de velocidade que dende hoxe hai na rúa Antero Rubín de #Tui. Recollemos a valoración de Carmen Núñez do BNG do último pleno e a confirmación de que están a manter reunión co equipo de goberno sobre os orzamentos. A presentación do MUMI que avanzou hoxe os 12 showcases da edición que se vai celebrar do 12 ao 15 de setembro na Eurocidade Tui-Valença, e o recoñecemento do CEIP nº2 co "Sello Vida Saludable 2024" do Ministerio de Educación son outras das novas do día....more25minPlay
July 08, 2024Noticias 13.30 h | Luns, 8 de xullo de 2024O CCPA de Tui que entrará en funcionamento nos próximos meses será o máis moderno dos 9 centros destas características que hai en España. Esta é unha das novas que recollemos en Noticias 13.30 h. Amais fixemos balance do pleno de xuño con José Palacín, de C21, e recollemos o nomeamento de Nicolás Lorenzo Montes coma director territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático. A Feira do Viño do Rosal que comeza o venres, o balance da Festa da Lagosto, xunto a outras citas e deporte forman parte tamén deste tempo de información....more25minPlay
July 05, 2024Noticias 13.30 h | Venres, 5 de xullo de 2024As obras do novo edificio do CCPA na Avenida de Portugal, a praza de Abastos e do edificio da rúa Camilo José Cela foron visitadas hoxe polo subdelegado do goberno, Abel Losada, e o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro. Así o contamos en Noticias 13.30 h xunto a outras novas coma que en xuño Tui foi o primeiro punto de partida de peregrinos do Camiño Portugués e o terceiro de todas as vías xacobeas. Recollemos todas as citas da fin de semana e o deporte...more25minPlay
July 04, 2024Noticias 13.30 h | Xoves, 4 de xullo de 2024Protección Civil de Tui recibiu hoxe unha tenda de campaña para emerxencias. Esta é unha das novas que recollemos en Noticias 13.30 h xunto a preinscrición na EOI en Tui, as últimas plazas para os talleres de IA para o comercio, e as actividades que chegan tanto para hoxe coma na fin de semana. No deporte hoxe protagonismo para o piragüismo, o remo e o kung fu....more28minPlay
July 03, 2024Noticias 13.30 h | Mércores, 3 de xullo de 2024O X Campionato Ibérico de Kung Fu reunirá este domingo en Tui a máis de 400 deportistas. Así o contamos en Noticias 13.30 h onde volvemos sobre os datos do paro do mes de xuño, falamos das visitas guiadas organizadas polo Instituto de Estudos Tudense, entre outras novas do día....more26minPlay
July 02, 2024Noticias 13.30 h |Martes, 2 de xullo de 2024A aprobación, polo Consello da Xunta, do proxecto de trazado do desdobramento da estrada PO-552 en Figueiró, Tomiño, o manifesto asinado hoxe en Valença reclamando que o tren de alta velocidade sexa unha realidade en 2032 entre Porto e Vigo, e os datos do paro que baixou en 67 persoas até as 2.540 no Baixo Miño son parte das novas que recollemos en Noticias 13.30 h....more26minPlay
June 24, 2024Noticias 13.30 h |Luns, 24 de xuño de 2024Por segunda vez os orzamentos do concello de Tui foron rexeitados en pleno o pasado venres polos grupos da oposición. En Noticias 13.30 h escoitarmos parte das intervencións dos voceiros de C21, BNG e PP e do alcalde. Amais recollemos as últimas achegas aprobadas pola Deputación para Tui e A Guarda, falamos do Concurso de Patrullas da Brilat, da conferencia conmemorativa dos Xogos Florais en Tui, doutras citas, e do deporte protagonizado hoxe polos resultados dos clubs tudense no Campionato de España de Remo....more28minPlay
FAQs about Informativos:How many episodes does Informativos have?The podcast currently has 3,621 episodes available.