Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está pre... more
FAQs about Informativos:How many episodes does Informativos have?The podcast currently has 3,621 episodes available.
August 09, 2024Noticias 13.30 h | Venres, 9 de agosto de 2024Miles de pesroas gozaron en xullo da programación en Tui que se consolida coma referente cultural. Nunha semana celebrarase na cidade a Festa Gastronómica. Así o recollemos en Noticias 13.30 h xunto ao incendio rexistrado esta noite nun palleiro en Frinxo, as citas da fin de semana e o deporte....more26minPlay
August 08, 2024Noticias 13.30 h | Xoves, 8 de agosto de 2024En setembro será dixitalizado o Rexistro Civil de Tui. En Noticias 13.30 h damos conta das vantaxes que terá a implanción da apliación DIGIREC. A crónica de sucesos, o balance da 18ª edición de Música no Claustro xunto a todas as citas do día e a información deportiva completa este espazo....more25minPlay
August 07, 2024Noticias 13.30 h | Mércores, 7 de agosto de 2024Hoxe remata, con concerto de Moser String Quartet, a 18ª edición de Música no Claustro. Esta é unha das novas que contamos en Noticias 13.30 h. Recollemos outras citas para esta xornada e para os próximos días en Tui e na comarca. No deporte pendentes do padeeiro uruguaio do Kaiak Tudense, Matías Otero, nos cuartos do K1 1000 m (actuación foi 2º co que o sábado estará na semifinal), pero tamén falamos de fútbol, atletismo e balonmán....more27minPlay
August 06, 2024Noticias 13.30 h | Martes, 6 de agosto de 2024A entrega da Mención Honorífica Especial a Xabier Añoveros Trías de Bes polo Concello abre hoxe o noso tempo de información. En Noticias 13.30 h falamos tamén dos máis de 11.500 peregrinos e peregrinas que percorreron en xullo o Camiño Portugués dos que a metade saíron de Tui. As citas para hoxe en Música no Claustro e nas Festas do Monte na Guarda, e o deporte, completan este tempo de información....more22minPlay
August 05, 2024Noticias 13.30 h | Luns, 5 de agosto de 2024Abrimos Noticias 13.30 h co programa de respiro familiar posto en marcha polo Concello de Tui e a Asociación Un Máis. Recollemos dúbidas amosadas polo grupo municipal do PP sobre a instalación de cámaras para controlar o aparcamento nas rúas do centro urbano de Tui. Repasamos as citas para hoxe como o concerto do Trío da Kali en Música no Claustro, e o comezo das festas do Monte na Guarda. No deporte escoitamos as palabras do adestrador do Kaiak Tudense, Esteban Alonso, dende Paris onde está xunto ao padeeiro Matías Otero, e falamos tamén da competición esta tarde nos XXOO do tomiñés Manu Ochoa. O deporte deixanos tamén outras novas destacadas....more27minPlay
August 02, 2024Noticias 13.30 h | Venres, 2 de agosto de 2024O paro subiu en 33 persoas no Baixo Miño no mes de xullo até as 2.573 persoas en situación de desemprego. Así o contamos en Noticias 13.30 h xunto ás obras realizadas polo Concello no CEIP de Caldelas, os destrozos rexistrados nas pistas de tenis de Areas, e todas as citas da fin de semana e o deporte....more27minPlay
August 01, 2024Noticias 13.30 h |Xoves, 1 de agosto de 2024PSOE, BNG e C21 votaron a favor onte dos orzamentos municpiais para 2024 que superan os 11,5 millóns de €. En Noticias 13.30 h recollemos este outros asuntos tratados onte no pleno extraordinario do Concello de Tui. Na actualidade do día destaca ao 5º posto de Rodrigo Conde e Aleix García na final olímpica de 2x. O inicio de Música no Claustro co concerto de Lula Pena é outras das novas do día....more27minPlay
July 31, 2024Noticias 13.30 h | Mércores, 31 de xullo de 2024Ás 20 h retransmitiremos o pleno extraordinario do Concello de Tui. En Noticias 13.30 h damos conta dos temas que figuran na orde do día. Amais recollemos o inicio das obras de rehabilitación de cinco vivendas en Caldelas para destinalas a alugueiro social por parte do Concello de Tui. O balance dos proxectos aprobados en 2023 pola AECT Río Miño, xunto as citas e o deporte completan este tempo de información....more25minPlay
July 30, 2024Noticias 13.30 h | Martes, 30 de xullo de 2024A 11,5 millóns de euros ascende o orzamento do Concello de Tui que mañá mércores irá a pleno, e no que o BNG votará a favor destas contas. Esta é unha das novas que recollemos en Noticias 13.30 h. Recollemos a crónica de sucesos hoxe centrada no tráfico, as citas do día coma Noite Internacional do Miño e os obradoiros de artesanía en familia de Música no Claustro. No deporte destacamos que o remeiro Rodrigo Conde do Remo do Miño xunto Aleix García estará este xoves na final de 2x nos Xogos Olímpicos....more26minPlay
July 29, 2024Noticias 13.30 h | Luns, 29 de xullo de 2024Os orzamentos municipais do Concello de Tui irán a pleno este mércores 31. O BNG fixo público na fin de semana o acordo do PSOE para apoiar estas contas. Esta é unha das novas que recollemos en Noticias 13.30 h. Amais falamos da Noite Internacional do Miño, visitas guiadas, as Galimpiadas, os descensos do Miño, entre outras citas, e os resultados deportivos....more28minPlay
FAQs about Informativos:How many episodes does Informativos have?The podcast currently has 3,621 episodes available.