Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui | Proxectos executados ao abeiro da medida Leader de Galicia Suroeste
    Catro proxectos executados en Tui recibiron financiamento de fondos europeos a través da Medida Leader de Galicia Suroeste. Forman parte dos 14 proxectos impulsados neste territorio en 2023 e 2024 cun investimento de 1,5 millóns de € dos que 746.000€ foron financiados a través destes fondos europeos.
    Hoxe o alcalde, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Turismo, Ana Núñez, e a presidenta de Galicia Suroeste, Sandra González, visitaron o Hotel Amoriño en San Bartolomeu, que é un dos proxectos financiados. Enrique Cabaleiro, en Noticias 13.30 h, incidiu na importancia destes fondos.
    3 min
  • Noticias 13.30 h | Mércores, 11 de decembro de 2024
    Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h:
    - Galicia Suroeste avanza cara ao futuro co impulso de 14 novos proxectos con fondos Leader, tres deles en Tui
    - Hoxe ás 20 h o Teatro Municipal acolle o concerto solidario de Nadal do Conservatorio
    - O Mercado Solidario de Libros abriu xa as súas portas na Sala Municipal de Exposicións
    - Outras citas
    28 min
  • Noticias 13.30 h | Martes, 10 de decembro de 2024
    Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h:
    - Co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, pechamos a rolda de conversas tras o pleno ordinario de novembro
    - O Concello de Tui recepcionou onte as obras da Travesía de San Domingos
    - O Conservatorio e a Escola de Música ofrecerán este Nadal 5 horas de música nun total de 4 concertos
    - Hoxe proxéctase “Dhogs” no Cineclub Tui
    28 min
  • Noticias 13.30 h | Luns, 9 de decembro de 2024
    Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h:
    - A Garda Civil investiga o roubo de varias pezas na Catedral de Tui
    - Este mediodía clausurouse o obradoiro de emprego Senda do río Miño Areeiros-Penedo
    - Recollemos as palabras de Nico Montes, voceiro do PP, sobre o pleno ordinario de novembro
    - O BNG de Tui renuncia a calquera tipo de negociación co grupo municipal do PSOE
    28 min
  • Noticias 13.30 h | Xoves, 5 de decembro de 2024
    Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h:
    - Increméntase o turismo en Tui nun 78% en novembro
    - O BNG reclamará no Congreso a conexión ferroviaria transfronteiriza
    - A CHMS invirte máis de 76.000€ na eliminación de especies invasoras no río Furnia ao seu paso por Tui
    - Citas do Nadal nesta ponte festiva
    - Hípica, camiñada, San Silvestre e encontros deportivos da fin de semana
    33 min
  • Noticias 13.30 h | Mércores, 4 de decembro de 2024
    Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h:
    - Tui aposta pola eficiencia enerxética cambiado a led as luminarias dos accesos á cidade
    - Rematada a rehabilitación das vivendas de Caldelas que se destinarán a alugueiro social
    - Seguimos con Carmen Núñez do BNG a rolda de conversas tras o pleno ordinario de novembro
    - Hoxe ás 16.30 h na Sala Félix Rodríguez comezan as xornadas Alzhéimer de Preto
    - Ás 18.30 h no Teatro Municipal estrease o documental sobre Rosendo Salvado
    31 min
  • Noticias 13.30 h | Martes, 3 de decembro de 2024
    Estes son os principais titulares que recollemos hoxe martes en Noticias 13.30 h:
    - O Consello da Xunta aproba o convenio co Concello de Tui para a creación do centro que xestionará a área Rexurbe
    - Abrimos con Jose Palacín de C21 a rolda de conversas tras o pleno ordinario celebrado o pasado xoves.
    - O xefe territorial de Educación precisa que o IES San Paio non ten danos estruturais
    - Vontade amosa nunha exposición os seus 20 anos de traballo no Baixo Miño
    27 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…