Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • Ent Emilio Rodríguez, director enolóxico de Terras Gauda - Rebiovines
    Rebiovines é o novo proxecto de economía circular que ten en marcha a adega Terras Gauda en colaboración co grupo vitivinícola chileno Concha y Toro.
    O director enolóxico de Terras Gauda, Emilio Rodríguez, explicou a características do proxecto, e a aplicación mediante o rego de té líquido de vermicompost elaborado co bagazo.
    7 min
  • Noticias 13.30 h | Mércores, 16 de setembro de 2026
    Estas son as principais novas deste mércores, 16 de setembro de 2026:
    - Cortado un tramo da rúa Ourense por un escape de gas tras romper unha tubaxe
    - O Concello de Tui licitará o cambio de luminarias e cadros do alumeado exterior tras aprobarse o proxecto e os plegos cos votos a favor de PSOE e BNG e a abstención do PP e o concelleiro non adscrito
    - Aberto o prazo de inscrición para os Espazos Efémeros que terán lugar en Tui en outubro
    - Coñecemos o innovador proxecto REBIOVINES posto en marcha por Terras Guada
    - 210 alumnos e alumnas estudarán este curso no Conservatorio e na Escola de Música de Tui
    - Pazos de Reis celebra a súa semana Cultural e Guillarei festas na honra á Virxe das Dores esta fin de semana
    - Deportes
    31 min
  • Noticias 13.30 h | Martes, 15 de setembro de 2026
    En Noticias 13.30 h recollemos as principais novas deste martes, 15 de setembro:
    - A contratación da “Renovación das instalacións do alumeado público exterior do Concello de Tui” é o punto a tratar esta tarde no pleno extraordinario do Concello de Tui
    - Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, fai balance dos proxectos executados e das obras en marcha
    - O próximo luns comeza en Tui un curso gratuíto de Atención Sociosanitaria
    - Un total de 55 establecementos participan na campaña de promoción do comercio local de ACITUI "Remata as vacacións cun sorriso" que conclúe hoxe
    - O Cineclub Tui proxecta hoxe "Eo" en dobre sesión ás 18.30 h e ñas 20.45 h
    - O piloto tudense Saúl Vaz participarán en dúas semanas no Campionato de España
    27 min
  • Espazo Comercio |Campaña "Remata as vacacións cun sorriso"
    Un total de 55 establecementos participan na campaña de promoción do comercio local "Remata as vacacións cun sorriso" que conclúe no día de hoxe. Teñen xa distribuídas máis de 3000 papeletas para o sorteo de de 5 vales de 30 € a consumir nos establecementos participantes. O sorteo realizarase o martes 29 na nosa sintonía. Así nolo contou Pepe Míguez, presidente de ACITUI.
    27 min
  • Ent. Ana Núñez, concelleira de Turismo e Patrimonio | 70 Asemblea da Red de Juderías de España
    O Concello de Tui, representando polas concelleiras de Turismo e Patrimonio, Ana Núñez, e de Cultura, Ensino e Mocidade, Sonsoles Vicente, participou o pasado xoves e venres na 70ª Asemblea da Red de Juderías de España.
    Ana Núñez, destacou como para Tui pertencer á Red é unha oportunidade moi importante. Na reunión da semana pasada abordaron proxectos como a dixitalización do arquivo histórico da Red, cuestións de proxección turística e proxección internacional como a prevista en Miami en novembro, entre outros asuntos.
    8 min
  • Noticias 13.30 h | Luns, 14 de setembro de 2026
    Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h neste luns 14 de setembro:
    - A corporación municipal de Tui celebra pleno extraordinario mañá martes ás 20 h
    - Coñecemos as conclusións da 70ª Asemblea da Red de Juderías na que participou o Concello de Tui
    - Esta semana comezan novos cursos na Aula da UNED de Tui
    - O venres remata o prazo de matrícula na sección de Tui da Escola Oficial de Idiomas
    - Prosegue a programación do Setembro Xudeu
    - O Cineclub Tui programa distintas actividades para as próximas semanas.
    - Deportes
    31 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…