Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está pre... more
FAQs about Informativos:How many episodes does Informativos have?The podcast currently has 3,621 episodes available.
February 21, 2024Noticias 13.30 h | Mércores, 21 de febreiro de 2024Comezamos Noticias 13.30 h falando das obras que se están executando na Avenida de Portugal e na praza de abastos en Tui. A presentación da Guía de Residuos do Concello de Tui que terá lugar mañá xoves, o recoñecemento de The QHair recibido por Naldo Costas, o evento benéfico con Mara que terá lugar este sábado en Goián, os cursos que comezan na UNED, xunto a outras citas e o deporte con protagonismo para O Gran Camiño, a Eurocidade BTT e a Copa da Raíña de Balonmán forman parte tamén deste tempo de información....more26minPlay
February 20, 2024Noticias 13.30 h | Mares, 20 de febreiro de 2024Tui acolle hoxe dúas representacións teatrais do Festival de Teatro Grecolatino. Está unha das novas que recollemos en Noticias 13.30 h xunto as actividades previstas en Tui, Tomiño e O Rosal para celebrar o Día de Rosalía. As actividades do Espazo Xove, outras citas e o deporte forman parte tamén deste tempo de información....more26minPlay
February 19, 2024Noticias 13.30 h | Luns, 19 de febreiro de 2024Os resultados electorais do 18F no Baixo Miño, a enquisa que realiza o Concello de Tui para coñecer os hábitos de compra da cidadanía, as citas desta semana, e os resultados deportivos da fin de semana, forman parte do Noticias 13.30 h deste luns, 19 de febreiro de 2024....more26minPlay
February 16, 2024Noticias 13.30 h | Venres, 16 de febreiro de 2024O Consello da Xunta aprobou onte o proxecto de trazado da autovía Tui-A Guarda entre a Po-350 e Estás. Esta é unha das novas que recollemos en Noticias 13.30 h xunto á consulta pública do concello de Tui previa á elaboración dunha nova ordenanza de taxi, a detención de dúas persoas coma presuntos autores de tres delitos de roubo con forza e outro en grao de tentantiva en Tui, Tomiño e na Guarda. Repasamos amais as citas da fin de semana e o deporte....more27minPlay
February 15, 2024Noticias 13.30 h | Xoves, 15 de febreiro de 2024En Noticias 13.30 h damos conta da consulta pública que abre o Concello de Tui previa á elaboración dunha nova ordenanza do servizo de taxi. Falamos de comercio pola campaña solidaria de San Valentín de ACITUI, e das citas para estes días coma a inauguración da exposición de Uxía Romero esta tarde ou a actuación de Roi Borrallas mañá no Teatro Municipal. Pechamos coas novas deportivas....more21minPlay
February 14, 2024Noticias 13.30 h | Mércores, 14 de febreiro de 2024En Noticias 13.30 h recollemos o resumo da conversa co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, valorando o pleno do 1 de febreiro no que se rescindiu o contrato para a construción do aparcamento subterráneo. Tamén damos conta da licitación por parte da Xunta da redacción dos proxectos de rehabilitación de tres edificios na Área Rexurbe de Tui. Falamos tamén de comercio e da celebración do Entroido en Tui....more28minPlay
February 12, 2024Noticias 13.30 h | Luns, 12 de febreiro de 2024En Noticias 13.30 h recollemos o minuto de silencio gardado hoxe diante da casa do concello en memoria dos dous garda civís falecidos en acto de servizo en Barbate. Amais escoitamos as palabras do alcalde de Tui e do presidente da Cámara de Valença no concerto celebración do 12º aniversario da Eurocidade coa presentación da Banda de Música da Eurocidade. A crónica política, o Entroido e o deporte, completan este tempo de información....more31minPlay
February 09, 2024Noticias 13.30 h | Venres, 9 de febreiro de 2024O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, anunciou hoxe que nuns meses Tui e Valença contarán cun proxecto piloto de mobilidade entre os centros históricos. Fíxoo na véspera do 12º aniversario da Eurocidade. Recollemos a valoración de Nico Montes, voceiro do PP, do pleno do pasado 1 de febreiro en Tui. Amais repasamos todas as citas da fin de semana, protagonizadas polo Entroido con aprazamentos do Venres de Foliada en Tomiño, e do Desfile-Concurso do Rosal, e o deporte....more28minPlay
February 08, 2024Noticias 13.30 h | Xoves, 8 de febreiro de 2024Carlota deixa fortes ventos e choivas ao seu paso por Galicia. Así o contamos en Noticias 13.30 h . Lembramos que segue pechado un tramo da Avenida de Portugal en Tui. En crónica política recollemos a valoración de Carmen Núñez, voceira do BNG de Tui, do pleno celebrado o pasado día 1. As citas, o Entroido e o deporte completan este tempo de información....more28minPlay
February 07, 2024Noticias 13.30 h |Mércores, 7 de febreiro de 2024A programación do Entroido e do Teatro Municipal de Tui, e a presentación do calendario deportivo da Eurocidade Tui-Valença centran os primeiros minutos de Noticias 13.30 h deste mércores, 7 de febreiro. Tamén falamos doutras citas, do curso de iniciación ao ioga na Aula da UNED, da Semana da Educación de Tomiño e do Entroido en Salceda e Valença....more29minPlay
FAQs about Informativos:How many episodes does Informativos have?The podcast currently has 3,621 episodes available.