Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está pre... more
FAQs about Informativos:How many episodes does Informativos have?The podcast currently has 3,622 episodes available.
January 24, 2024Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Presenza de Tui en FITURO alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Turismo, Ana Núñez, están hoxe e mañá en FITUR en Madrid, onde asisten ás presentacións das campañas turísticas das que Tui forma parte, pero tamén manteñen distintos contactos con touroperadores, e axentes turísticos. Esta mesma mañá reuníronse con TUI. Así nolo explicou o alcalde Enrique Cabaleiro en Noticias 13.30 h...more6minPlay
January 24, 2024Noticias 13.30 h | Mércores, 24 de xaneiro de 2024Abrimos Noticias 13.30 h falando co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, dende FITUR . O turismo é un dos grandes protagonistas da actualidade desta semana. Amais recollemos outras novas coma a inauguración da exposición "Cartografía da Raia", e coñecemos o proxecto no que traballa o salcedense Alejandro Gómez na Antártida, e as actividades do Espazo Xove, entre outras novas....more25minPlay
January 23, 2024Noticias 13.30 h | Martes, 23 de xaneiro de 2024Abrimos Noticias 13.30 h cos datos de turismo do concello de Tui, cun importante crecemento ao longo de 2023 e avanzando na internacional e desestacionalización. A crónica de Sucesos, e as citas do día coma a exposición "A Cartografía da Raia" que se inaugura esta tarde, ou a romaría de San Xulián no Aloia forman parte tamén deste tempo de información....more24minPlay
January 22, 2024Noticias 13.30 h | Luns, 22 de xaneiro de 2024A corporación de Tui celebra pleno mañá para o sorteo dos membros das mesas electorais do 18F. Esta é unha das novas que recollemos en Noticias 13.30 h xunto a nova campaña de apoio ao mercado e comercio de Tui, a apertura das escaleiras da praza da Estrela, as citas para hoxe, e a ampla crónica do deporte....more24minPlay
January 19, 2024Noticias 13.30 h | Venres, 19 de xaneiro de 2024A Mostra da Camelia e a Regata Miño Internacional son dúas das citas que esta fin de semana hai en Tui. Tamén unha ruta solidaria da Fada do Aloia e o evento “Un día máxico”. Así o contamos en Noticias 13.30 h xunta á reapertura o luns do consultorio de Goián, outras citas da fin de semana e o deporte....more26minPlay
January 18, 2024Noticias 13.30 h | Xoves, 18 de xaneiro de 2024En Noticias 13.30 h recollemos a apertura de comportas do encoro de Frieira esta mañá polo que se recomenda retirar os vehículos estacionados no Paseo Fluvial en Tui. Por outra parte a Policía Local de Tui detivo onte a un home de 35 anos coma presunto autor da subtracción de produtos nun supermercado e nun establecemento comercial. Damos conta amais a presentación da Regata Miño Internacional que reunirá 27 embarcaciós o sábado en Tui, e coñecemos a segunda edición de Ventura que se está a celebrar entre outras novas....more25minPlay
January 16, 2024Noticias 13.30 h | Martes, 16 de xaneiro de 2024Abrimos Noticias 13.30 h dando conta dos tres ramais da VAC coa A55 que mañá está previsto que entren en servizo. Amais recollemos dúas actuacións realizadas onte pola Policía Local de Tui, a celebración na fin de semana da Mostra da Camelia, a apertura os sábados pola tarde con obradoiros e tarde de xogo do Espazo Xove de Tui, e a apertura no verán do novo proxecto hoteleiro en Cabo Silleiro. A Regata Miño Internacional, o recoñecemento ao padeeiro Óscar Graña e a apertura das inscricións para a Marca Ultreian centran a crónica do deporte de hoxe martes....more23minPlay
January 15, 2024Noticias 13.30 h | Luns, 15 de xaneiro de 2024Hoxe en Noticias 13.30 h comezamos cun nome propio o do padeeiro tudense Enrique Míguez tras 46 anos en activo deixa a competición de forma profesional. Falamos das axudas para empresas e autónomos, do Plan + Aqua, e das citas do día coma a presentación do libro “Sueña como Arela” hoxe ás 19.30 h en Tui. A información deportiva e o tempo completan este espazo....more29minPlay
January 12, 2024Noticias 13.30 h| Venres, 12 de xaneiro de 2024Hoxe en Noticias 13.30 h comezamos co desvío provisional dun tramo do Camiño de Santiago en Tui ao seu paso pola Avenida de Portugal. Coñecemos a situación na Guarda con respecto á chegada de pellets. Falamos tamén da participación da Rondalla de Pexegueiro no concurso de rondallas este domingo no IFEVI. Tamén recollemos as citas do día e os encontros deportivos da fin de semana....more23minPlay
January 11, 2024Noticias 13.30 h | Xoves, 11 de xaneiro de 2024A chegada de pellets, en escasa contía, ás praias da Guarda e os consellos para a súa recollida abren hoxe o tempo de información en Noticias 13.30 h . Falamos tamén da Rondalla de Pexegueiro que será a primeira en actuar no IFEVI este domingo e das actividades formativas na Aula da UNED de Tui, en SmartPeme ou na Casa Taller neste inicio de 2024, así coma da proxección de “El regreso de las golondrinas” hoxe no Cineclub Poleiro....more25minPlay
FAQs about Informativos:How many episodes does Informativos have?The podcast currently has 3,622 episodes available.