Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está pre... more
FAQs about Informativos:How many episodes does Informativos have?The podcast currently has 3,622 episodes available.
December 18, 2023Noticias 13.30 h | Luns, 18 de decembro de 2023Hoxe comezamos Noticias 13.30 h co balance da actividade deste ano no Servizo Municipal de Orientación do Concello de Tui. Damos conta amais da II San Silvestre Solidaria de Tui presentada esta mañá, repasamos as citas do Nadal, o deporte e otras novas da comarca....more29minPlay
December 15, 2023Noticias 13.30 h | Venres, 15 de decembro de 2023Hoxe comezamos Noticias 13.30 h co aviso do corte de auga en Areas debido á rotura dunha tubaxe. Recollemos as obras para construír uns vestiarios no pavillón de Guillarei, e a valoración do pleno de novembro polo voceiro do PP de Tui, Nico Montes. Abrimos da fin de semana co Concerto "Nadal de Cristal" e o Mercado de Nadal de Tui, pero repasamos todo o previsto na cidade e na comarca. Tamén a información deportiva....more27minPlay
December 14, 2023Noticias 13.30 h | Xoves, 14 de decembro de 2023O concerto de Nadal da Eurocidade e dúas iniciativas solidarias coma a Árbore dos Desexos e o posto de ASANOG e as ANPAS de Tui no Mercado de Nadal abre hoxe o noso tempo de Noticias 13.30 h neste xoves, 14 de decembro. Tamén recollemos as citas do día coma os concertos que esta tarde ofrecerá o alumnado do Conservatorio e da Escola de Música de Tui....more28minPlay
December 13, 2023Noticias 13.30 h | Mércores, 13 de decembro de 2023As obras para a construción dunha nova área lúdico recreativa en Chans do Carrasco que está a executar o Concello de Tui, é un dos temas que recollemos hoxe en Noticias 13.30 h, xunto á valoración do pleno de novembro por Carmen Núñez do BNG de Tui. Amais damos conta dos orzamentos de 2024 que Tomiño levará a pleno a próxima semana, a nova quenda no Mercado de Nadal de Tui, outras citas e o deporte....more26minPlay
December 12, 2023Noticias 13.30 h | Martes, 12 de decembro de 2023As actividades de Nadal que ao longo desta semana podemos gozar en Tui centran hoxe boa parte do tempo de información en Noticias 13.30 h. Tamén recollemos outras novas da comarca e o deporte....more22minPlay
December 11, 2023Noticias 13.30 h | Luns, 11 de decembro de 2023A reunión entre o delegado do goberno en Galicia e o alcalde de Tui para tratar a conmemoración do 800 aniversario da Catedral tudense é a nova que abre Noticias 13.30 h. Falamos de obras no exterior do interfederado, dunha nova ponte sobre o río Cotarel, abrimos con C21 rolda para valorar o pleno de novembro, xunta a otras novas do día, as citas e o deporte....more27minPlay
December 07, 2023Noticias 13.30 h | Xoves, 7 de decembro de 2023A campaña de promoción do comercio local co reparto de bolsas reutilizables, é unha das novas que recollemos nesta chuviosa xornada. Amais repasamos toda a programación de Nadal prevista para estes días en Tui e na comarca, así coma a información deportiva....more25minPlay
December 05, 2023Noticias 13.30 h | Martes, 5 de decembro de 2023O paro subiu en 52 persoas no Baixo Miño en novembro, rexistrándose 2.737 persoas en situación desemprego. Así o contamos en Noticias 13.30 h xunto á campaña de promoción do comercio e do mercado local do concello de Tui, xunto ás citas para estes días centradas sobre todo nas actividades de Nadal. Rematamos coa crónica deportiva....more30minPlay
December 04, 2023Noticias 13.30 h | Luns, 4 de decembro de 2023Abrimos o Noticias 13.30 h dando conta dos Premios Deporte Tudense entregados o pasado venres, e repasamos a oferta que Tui presenta este Nadal. Amais recollemos a crónica de sucesos, outras novas da comarca e o deporte....more28minPlay
December 01, 2023Noticias 13.30 h |Venres, 1 de decembro de 2023En Noticias 13.30 h recollemos os asuntos aprobados onte en pleno en Tui coma a modificación puntual do PXOM nos AR1, 2, 3 e 4 en San Bartolomeu e a provisional no asentamento empresarial en Baldráns, entre outros. Amais damos conta do inicio da programación de Nadal en Tui e na comarca. No deporte amais dos partidos da fin de semana recollemos a celebración da Gala Tudense do Deporte esta noite....more32minPlay
FAQs about Informativos:How many episodes does Informativos have?The podcast currently has 3,622 episodes available.