A sorte visitou a nosa contorna no Sorteo Extraordinario da Nadal. O Primeiro Premio correspondeu ao 88008. O Porriño, Salceda de Caselas, Tomiño e O Rosal, foron agraciados con algún premio.
Amais repasamos as citas do Nadal destes días, dende o concerto de Nadal hoxe ás 20.30 h no Teatro Municipal de Tui, o Mercado de Nadal, as citas nas parroquias, e no Baixo Miño e o deporte.